Diario Cultural

Nerea Barros e ‘Memoria’: “Os avós aínda entenden o equilibrio coa terra”

Onde antes había auga, agora só queda terra. Nerea Barros lévanos na súa primeira película como directora ao mar de Aral, na fronteira entre Uzbequistán e Kazajistan. Ou máis ben ó que queda del, que é o recordo. ‘Memoria’ é unha peza sobre o recordo dese mar que xa non está, que non se ve, que non se escoita e que non podemos cheirar; ou si, a través da memoria transmitida entre xeracións, de avós a netos.

Con este traballo, Nerea Barros vén de ser recoñecida no Festival Curtocircuito con dous premios, a mellor dirección e mellor filme galego. E seguirá dirixindo. En camiño, unha triloxia sobre esta Memoria.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Esta pasada edición do Festival Curtocircuíto deixou un nome na primeira plana, o de Nerea Barros. A compostelá estréase como directora coa curta ‘Memoria’. Conversamos con ela e recibimos tamén a Dolores Vilavedra para falar de literatura escrita por mulleres.

Homenaxe a Mª do Carme Kruckenberg en Vigo

A mostra “Vivir, unha aventura irrepetíbel” percorre a figura e a obra da poeta falecida en 2015

‘A vexetariana’, de Han Kang, primeira tradución do coreano ao galego

A vexetariana é unha das obras máis coñecidas da escritora surcoreana Han Kang e recibiu galardóns como o Man Internacional ou o premio San Clemente do instituto compostelán Rosalía de Castro. Rinoceronte Editora publícaa agora en galego, en tradución de Alba Verea Pérez, que nos atende desde Seúl para comentar as claves desta perturbadora novela e os dilemas que afrontou para vertela á nosa lingua.

As editoras galegas estrean stand propio en Liber

A presenza na feira que se celebra en Barcelona abre un calendario que terá continuidade na feira do Libro de Frankfurt

dani, Familia Caamagno e San Froilán

Tito Lesende tráenos hoxe novidades de dani, Luísa Sobral e Familia Caamagno e prepáranos para o San Froilán musical con Los Estanques e Anni B. Sweet

Pin It on Pinterest