Diario Cultural

Cultura para todos: o teatro amador

 

Escoitamos as experiencias de tres entusiastas do teatro afeccionado: Cristina Andreetti, do grupo compostelán Cavort Teatro, Pepín Prada, do grupo Tiruleque do Carballiño e mais Chelo Pampillón, integrante do grupo vigués Atrezo e presidenta de FEGATEA, a Federación Galega de Teatro Afeccionado. 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Miramos aos guións, peza fundamental na construción dunha boa serie, cos guionistas Gema Neira e Carlos Portela. Comentamos o libro ‘10000 millas de andar na bici’ de Xabier Cid con Dolores Vilavedra.

Subscribirse á literatura

Seguimos coñecendo as novidades da temporada literaria, desta volta con editoras que fidelizan os seus lectores a través de subscricións, clubs ou mecenados.  Falamos con Alejandro Tobar, da editorial especializada en tradución Hugin e Munin; con Antón Lopo, da editorial de poesía Chan da Pólvora, e mais con Aira Editorial, que puxo en marcha o Club Aira para publicar álbums ilustrados.

Unha historia da represión da lingua de máis de 500 anos

Un 12 de setembro de 1978, expulsaron a Marina Rodríguez Ferrer da Academia Saco de Monforte por entrar falando galego. É un dos exemplos de persecusión lingüística que Carlos Callón inclúe no seu Libro negro da lingua galega. Quiñentos anos de represión e silenciamento (Xerais).

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Facemos un percorrido por cincocentos anos de persecución do galego con Carlos Callón. E en canto á colaboración, estaremos escoitando boa música folk con Emilio Españadero de Lume na Palleira.

Un camiño para o teatro do norte

Comeza a cuarta edición de Camiño Escena Norte, un programa de intercambio de artes escénicas no que participan Galicia, Asturias, Cantabria, o País Vasco, e por primeira vez, Navarra. O público galego poderá ver no próximo mes oito espectáculos destas comunidades e tres compañías do noso país viaxarán pola cornixa cantábrica amosando as súas últimas propostas.
Conversamos con Diego Meizoso, coordinador de Camiño Escena Norte, e con Fran Sieira, cuxa compañía realizará funcións en Cantabria e País Vasco. 

20 anos do pasamento do gran nome do teatro galego, Roberto Vidal Bolaño

Dramaturgo, actor e director. Roberto Vidal Bolaño é o nome do teatro galego, ao que axudou a despegar profesionalmente nuns anos complicados da dictadura e a transición. Autor de obras como Rastros, Saxo Tenor ou As actas escuras, nas que escribe sobre a Galicia que el ve e vive.

Un autor popular e rebelde, que recordamos no Diario Cultural con Roi Vidal e Nuria Araúxo.

 

 

Pin It on Pinterest