Diario Cultural

‘Yo soy la Malinche’, moitas linguas compartindo viñetas

Sobre a colonización de América contáronse moitas cousas, desde moitas perspectivas diferentes. ‘Yo soy la Malinche’ (Nuevo Nueve) é unha historia sobre ese periodo histórico. Hai conquistas e colonizacións de fondo, pero é unha historia sobre as linguas e como nos comunicamos con elas. Porque nos momentos de guerra e conflito, é importante botar man do diálogo.

A Malinche, a quen coñecemos primeiro como Malinalli, é unha muller que fala e entende varias linguas; un pouco como Alicia Jaraba, a autora deste cómic.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Novo capítulo de topónimos co noso colaborador do verán Vicente Feijoo. Hoxe cun tema moi mariñeiro, porque nos vai falar de talasonimia, os nomes do mar. Pero antes imos a México con Alicia Jaraba, que é unha ilustradora e autora viguesa de banda deseñada, que acaba de publicar o seu primeiro cómic, ‘Yo soy la Malinche’, sobre esta controvertida figura histórica.

Arte ao aire libre: Fundación Manolo Paz en Cambados

Rosario Sarmiento proponnos hoxe visitar a Fundación Manolo Paz, un grande espazo dedicado á escultura nunha paisaxe moi fermosa, o lugar de Quintáns de Castrelo, onde o río Umia desemboca no Atlántico. Un museo creado polo escultor Manolo Paz que recolle parte da súa obra e organiza exposicións e xornadas sobre arte contemporánea. 

Comeza a 25ª edición de Viñetas desde o Atlántico

Conversamos con Miguelanxo Prado, creador e director de Viñetas desde o Atlántico. O festival de banda deseñada da Coruña celebra os seus 25 anos de vida cunha escolma interxeracional de convidados: David Rubín, Enma Ríos, Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales, Mayte Alvarado, Alicia Jaraba ou Pierre Alary. A programación de charlas e sinaturas esténdese ata o domingo e as exposicións de orixinais poden visitarse durante todo o mes.

Brais Lamela, autor de ‘Ninguén queda’: “O que queda non é politicamente neutro, pódese activar”

‘Ninguén queda’ (Euseino? Editores) é a novela debut de Brais Lamela (Vilalba, 1994), editada por Berta Dávila na nova coleccion Rúa do Lagarto. 

Partindo do Plan de Colonización da Terra Chá dos anos 50, Lamela transpórtanos entre dous mundos, dúas épocas e dúas xeracións: as que habitan a cidade de Nova York e a provincia de Lugo. Un libro no que reflexiona sobre o fogar e o sentimento de pertenza. 

“Algo sempre queda: xente, fragmentos… e o que queda non é politicamente neutro; pódese activar”.

En agosto, videoxogos

Luz Castro acompañaranos durante o mes de agosto para descubrirnos videoxogos independentes e de creacións galegas. Hoxe falamos da aventura gráfica ‘Intruder in Antioquia’ dos coruñeses Aruma Studios e mais do xogo de aventuras ‘Stray’, desenvolvido por BlueTwelve Studios e publicado por Annapurna Interactive.

Tres propostas culturais no Pazo do Tor

O Pazo de Tor, en Monforte, forma parte da Rede Museística da Deputación de Lugo. Nel conflúen nestes días diferentes propostas artísticas: a exposición ‘Proximidade Llunyana’, que recolle historias vitais de mulleres que emigraron de Lugo a Barcelona no século pasado; as residencias artísticas “[De] Semente Terra, [Dá] Terra Semente” e o Sacra Festival, un encontro cultural multidisciplinar que acolle un proxecto de fotografía social coordinado por Vari Caramés, danza e concertos. 

Exploramos os camiños por mar a Compostela

O mito Xacobeo nace no mar. A historia cóntanos que o Apóstolo chegou nunha barca de pedra desde Xerusalén a Galicia, e polo tanto o seu propio camiño parte do mar. Como parte da programación deste ano Xacobeo, o Museo do Mar de Galicia, recorda este fito cunha nova exposición permanente, Camiños por mar a Compostela, centrada nesta e noutras peregrinacións marítimas.

 

 

Pin It on Pinterest