Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos un pé en Vigo, no Museo do Mar, visitando unha nova exposición permanente arredor das peregrinacións marítimas, en compañía da súa directora, Marta Lucio.

E estreamos colaboración. Nos últimos minutos do programa estamos con Estibaliz Espinosa, que nos acompañará os venres do verán para falar de ciencia e literatura.

Xabier Díaz e Antía Muíño, nos Xoves de Códax

Imos ata o Pazo de Almuíña de Arbo, onde Xabier Díaz e Antía Muíño preparan a súa participación no ciclo Os Xoves de Códax. Desde 2012 este ciclo de concertos une paisaxe, viño e música galega e propician encontros entre artistas de diferentes procedencias.

O que hai detrás dunha fotografía

Vituco Neira acompaña a Roberto, fotógrafo afeccionado, pola rúa de San Pedro de Compostela, cámara en man. Con el aprendemos a mirar a cidade doutro xeito, pero as fotos son unha excusa para falar de moitas outras cousas. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos colaboración de cine de Moncho Lemos, que nos recomendará un par de películas. Pero antes imos coñecer a Roberto, un fotógrafo afeccionado que vive en Compostela, que sae sempre a pasear coa súa cámara buscando inmortalizar a cidade e a súa xente.

25 anos de Viñetas

Repasamos con Carlos Portela a programación de Viñetas desde o Atlántico. O Salón do Cómic da Coruña celebra a súa vixésimo quinta edición entre o 8 e o 14 agosto. 

Asulagadas, poemas contra o esquecemento

O poemario Asulagadas recolle 101 poemas de Suso Díaz en memoria de Aceredo, Buscalque, O Vao e Reloeira, catro aldeas anegadas en 1992 polo encoro de Lindoso. O libro está publicado por Edicións Positivas e preséntase este bado na aldea de Aceredo. 

Poetas galegos camiño Soria

Poetas galegos camiño Soria

Volve o Festival de Pardiñas

Gustavo Couto repasa na súa colaboración o programa do Festival de Pardiñas, que se celebra en Guitiriz entre o 5 e o 7 de agosto, e no que actuarán Comando Curuxás, Ultreia e Carapaus, entre outros grupos

Pin It on Pinterest