Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza a Semana do Cine de Lugo. Claudio Rodríguez Fer revisita os seus ‘Cinepoemas’. Alba Cid fálanos de ‘Lume branco’ de Antonia Pozzi.

Marchamos de festival ao Canteira Fest

Vituco Neira achegouse á Canteira de Paredes polo Canteira Fest, festival que está a decorrer na localidade pontevedresa de Vilaboa, onde falou coa artista Zeltia Irevire e cun dos organizadores do evento, Diego Vara.

Chévere estrea en Madrid!

A compañía galega viaxa ó gran teatro Maria Guerreiro para presentar “N.E.V.E.R.M.O.R.E“, unha aproximación á memoria da catástrofe do Prestige, que estrean hoxe na capital do estado e que traerán a Galicia cara ao 22 de outubro.

‘Acorda’: a música que esperta a memoria

Esta tarde preséntase no Teatro Principal de Pontevedra o documental ‘Acorda’, unha iniciativa do departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Un traballo que percorre os lugares da memoria esquecida da provincia e os fai revivir a través das voces de Uxía, Eladio Santos, Tanxugueiras, Emilio Rúa e máis.

 

 

Canto vive unha fotografía?

Xabier Ramos cataloga o inmenso arquivo de imaxes do fotógrafo compostelán Xenaro Martínez Castro, un traballo promovido polo Consorcio de Santiago que evidencia o reto que supón a conservación do patrimonio fotográfico.

César Portela, Premio COAG a toda unha traxectoria profesional

Falamos con César Portela, que vén de ser galardoado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co premio á súa traxectoria, unha traxectoria chea de proxectos exitosos a unhas e outra beiras do Atlántico, do Pacífico, do Caribe e do Mediterráneo.

Pin It on Pinterest