Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

6ª edición do ciclo compostelán ‘De Lugares e Órganos’. Mario Regueira recomenda ‘Os libros que hai en min’, de Emma Pedreira.

‘Notas para a extinción’, de Marta Dacosta

O último poemario de Marta Dacosta convida ao acougo e á contemplación nun mundo acelerado que se dirixe á extinción. Falamos con ela sobre este libro, ‘Notas para a extinción’ que publica a editorial Galaxia. 

Diario Cultural das 14:30

Folleamos o poemario de Marta Dacosta “Notas para a extinción” e continuamos o noso roteiro artístico estival con Rosario Sarmiento, desta vez, por Muxía.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Vituco Neira conversa cos integrantes de Tecor Societario sobre o seu novo disco. Alba Cid fálanos de ‘Humanario’, de Pilar García Rego.

Os DJ como divulgadores musicais

Falamos con Eme Dj e Carlos Crespo, dous dos participantes nun foro sobre o papel dos disc-jockeys na difusión da música galega. Desenvolvése a partir das nove da noite do venres en Vilagarcía. 

Volve a voz aos ‘Eidos’ do Courel

O Festival dos Eidos devolve a voz e a poesía ao lugar de Parada do Courel, á casa de Uxío Novoneyra, para celebrar a súa sexta edición, logo de ter que suspender a anterior pola situación sanitaria.

O festival comeza esta tarde coa homenaxe ao poeta Carlos Oroza, da man e da voz de Yolanda Castaño, Xavier Romero e Branca Novoneyra. O gran recital que centra a programación será o sábado, e contará con Belén Gopegui, Chus Pato, Constantino Bertolo, Sonia Marpez e Adriá Targa. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Volve o Festival dos Eidos a Parada do Courel. Érika Martínez baila dancehall. Alfonso Espiño e os concertos da fin de semana.

Volve o Resurrection Fest

Viveiro acolle unha edición reducida do festival de metal, punk e hardcore. Falamos con Esteban Girón, responsable de comunicación do Resurrection, e con Anxela Baltar, de Bala, unha das bandas desta edición. 

Diario Cultural das 14:30

Coa música do Resurrection Fest e máis coa dos Heredeiros da Crus, entre todas as que nos trae Tito Lesende.

Inés Vázquez publica a súa primeira novela

Falamos con Inés Vázquez, ilustradora e autora de banda deseñada, que vén de escribir ‘Aldara. A lenda do cervo branco’, publicada por Demo Editorial e que recrea unha lenda dos Ancares. 

Pin It on Pinterest