Diario Cultural

Diario Cultural das 14:30

Folleando ‘Aldara’, a primeira novela da ilustradora Inés Vázquez; visitando a Exposición fotográfica de Yasuhiro Matsumoto, “Camiño/Way”, e facendo previsión das Xornadas de Videoxogos e Literatura con Luz Castro

Manifesto por un Centro de Fotografía e Imaxe

España é xunto con Chipre, Rumanía e Malta, dos poucos países da Unión Europea que non teñen un centro estatal dedicado á protección e divulgación do seu patrimonio fotográfico. Unha carencia que os profesionais levan tempo denunciando e que agora defender a través da ‘Plataforma Centro de Fotografía e Imaxe’.

“Crear un Centro de xestión pública que protexa o noso patrimonio, expanda a cultura visual e alente a nova creación contemporánea”. Eses son os obxectivos da Plataforma, presidida por Juan Manuel Castro Prieto e apoiada por 18 Premios Nacionais de Fotografía entre os que se atopa Manuel Vilariño, co que falamos neste Diario Cultural.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Manuel Vilariño sobre a Plataforma Centro de Fotografía e Imaxe. Rut Balvís sobre o festival ‘Corpo a Terra’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Anacos da vida’ , un album ilustrado de Víctor Rivas. Mario Regueira recomenda ‘O home dos círculos azuis’.

Volve Rompente

O colectivo poético formado nos anos 70 por Antón Reixa, Manuel Romón e Alberto Avendaño publica ‘Que hostia din os rumorosos?’.

Diario Cultural das 14:30

Co regreso de Rompente, coa presentación do Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura e con Rosario Sarmiento e a arte na rúa.

‘Diario dun pirata confinado’

Vituco falou con Jamas, de Dios ke te Crew, que ven de publicar o seu primeiro libro “DIARIO DUN PIRATA CONFINADO” coa editorial URUTAU. Tamén falaron do recente “OG” dos DKTC.

Os soldados forzosos de Franco

O historiador Francisco Leira-Castiñeira recolle a memoria fotográfica dos galegos 
que se viron obrigados a loitar no exército sublevado durante a guerra civil. A editorial Galaxia publica o seu libro ‘Soldados forzosos. A memoria esquecida da guerra civil’ 

Diario Cultural das 14:30

Fallando do libro “Os soldados forzosos de Franco”, co seu autor, o historiador Francisco Leira-Castiñeira e facendo unha viaxe polo cinema e a fotografía con Beli Martínez.

Pin It on Pinterest