Volve a Vilagarcía de Arousa o Festaclown
Circo, música, narración oral e compromiso social do que falamos con Nacho Fungueiriño, coordinador do festival.
Circo, música, narración oral e compromiso social do que falamos con Nacho Fungueiriño, coordinador do festival.
No Festaclown de Vilagarcía de Arousa e na provincia de Ourense, coa quinta das nosas Rutas con Historia.
O 17 de agosto de 1936 os fascistas asasinan a Alexandre Bóveda, figura clave do nacionalismo galego, por defender Galicia e a República. Na súa honra, un Castelao no exilio arxentino decidiu instituír o 17 de agosto como o día da Galiza Mártir.
Neste día tan simbólico preséntase a Mocidade Galega pola Memoria, unha plataforma co obxectivo de presentarlles a historia aos máis novos e facelos partícipes da memoria común. No ‘Diario Cultural’ puidemos falar con dous dos seus impulsores, Diego Bará e Andrea Ferrer.
Nace Mocidade Galega pola Memoria, plataforma para involucrar á xuventude na historia. Mario Regueira recoméndanos a lectura da obra de Raul Dans.
Arte na rúa: a ‘Pasarela ao infinito’ de Pepe Galán
Tralo seu pasamento aos 80 anos, recordamos a traxectoria do que fora director da editorial Laiovento, figura clave para o teatro galego como investigador, editor e tradutor.
Lembrando a Francisco Pillado, con Teresa Valero dende o Viñetas e lembrando o último do cine estival galego con Beli Martínez.
O lindy hop é o baile que naceu nas pistas de Nova York nos anos 30 a ritmo de swing. Baile fortemente unido ás reivindicacións da comunidade afroamericana, aos clubes de baile e ás grandes bandas de música en directo.
100 anos de historia que se poden revivir tamén en Galicia. Por exemplo, na escola Swing On de Vigo con dous pioneiros, Helena e Jorge. Con eles estivo conversando, e bailando, a nosa compañeira Érika Martínez.
O festival de cine Play-Doc reserva xa cinco días entre o 22 e 26 de setembro na vila fronteiriza de Tui. O mellor do cine novel, as retrospectivas de Manfred Kirchheimer e Bette Gordan, e mesmo filmes nunca antes vistos en España como ‘Sepa; nuestro seños de los milagros’ ou ‘Amerasia’.
Este domingo 15 remata o prazo para que novos cienastas de todo o mundo poidan presentar os seus proxectos á sección de competición.
Sobre todo isto falamos co responsable de produción do festival, Ángel Sánchez.