Diario Cultural

Diario Cultural das 17:30

Poñémonos teatreiros e imos até Ribadavia, onde Redrum estrea esta tarde ‘2 Pilgrims’ no marco da emblemática Mostra Internacional de Teatro. Ademais, lemos ‘As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida’, de Adela Figueroa Panisse e editada por Laiovento, e Carlos Portela tráenos as súas máis actuais recomendacións para ler banda deseñada.

O VI Festival Titiriberia leva a Rianxo a un total de dez compañías entre os días 20 e 24 de xullo

Vituco Neira leva ó Diario Cultural até Rianxo para falar coa integrante da Asociación Morreu o Demo, Comba Campoi, e máis con Larraitz Urruzola, da Compañía Larraitz Producións Artísticas.

Diario Cultural das 14:30

Celebramos o medio século do Instituto da Lingua Galega, que coincide coa publicación do sétimo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), pertencente á colección “Biblioteca Filolóxica Galega” do ILG. Ademais, conectamos con Vituco, en Rianxo, para vivir en primeira persoa o VI Festival Titiriberia.

Moita fantasía e moito cine en Monforte de Lemos

O cine fantástico invade a vila de Monforte de Lemos co seu VII Festival Fancine. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Cine fantástico en Monforte de Lemos co FANCINE. Teatro en Ribadavia coa MIT e Roberto Pascual.

Santiago de Compostela acolle unha nova exposición, unha mirada en feminino á arte contemporánea

Falamos con Diego Cascón, un dos comisarios de «Mirar de novo. A muller contra o tempo», sobre a exposición que se presenta agora no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela.

Diario Cultural das 17:30

Visitamos o Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela para observar a exposición «Mirar de novo. A muller contra o tempo», un proxecto expositivo no que se reivindica a mirada en feminino en torno á creación artística contemporánea. Ademais, Emilio Españadero tráenos o último da música rock e folk.

Xan Campos presenta o seu último proxecto, “Realismo”

Ás 22 horas, na Praza da Ferrería de Pontevedra, Xan Campos presenta o seu último proxecto, publicado xa en abril de 2020: “Realismo”, un disco de jazz, electrónica e música urbana producido polo rapeiro e produtor Hevi (Malandrómeda, Fluzo) en formato trío cos habituais Iago Fernández na batería e o contrabaixista Horacio García.

Diario Cultural das 14:30

Falamos con Xan Campos sobre o seu último proxecto, “Realismo”, publicado en abril de 2020 e, en consecuencia, cunha limitada promoción por mor da crise sanitaria. Ademais, Vituco Neira achégase á Cidade da Cutura para ver “Galicia futura. Todo o que imos ser”, a 3ª grande exposición que pecha a triloxía do Xacobeo logo de “Galicia, un relato no mundo” e “Galicia de Nós a Nós”.

Pin It on Pinterest