Diario Cultural

O Garaxe Hermético triunfa nos Premios Curuxa 2021

Vituco Neira e Raquel Besteiro falan con Kiko da Silva sobre a Banda Deseñada e a formación en Galicia logo do triunfo de Nuria Martínez, alumna de 2º Curso Profesional de Banda Deseñada do Garaxe Hermético, nos Premios Curuxa 2021.

Diario Cultural das 17:30

O Garaxe Hermético está de noraboa logo do éxito nos Premios Curuxa 2021, onde levou o primeiro premio a súa alumna Nuria Martínez, polo que nos achegamos a falar con Kiko da Silva sobre a Banda Deseñada e a formación en Galicia. Ademais, Rosario Sarmiento tráenos a última actualidade do mundo da arte, protagonizada polos 25 anos da morte de Laxeiro.

O Salnés: turismo de cultura

As praias, a comida e o viño poden ser grandes atractivos, pero están lonxe de ser o único que unha vila como Cambados pode ofertar. Achegámonos ó Pazo Torrado, que estrea a exposición “Camiño longo” do artista Jose Luis Álvarez Seara, para falar co Técnico de Cultura do Concello de Cambados, José Vaamonde, e máis co propio pintor.

Diario Cultural das 14:30

Folleamos a edición facsímil de “Maxina ou a filla espúrea” (Galaxia), da que falamos co seu responsable, Xesús Domínguez Dono, e máis con Xosé Antonio Fernández Salgado, que asina o prólogo. Ademais, conectamos con Vituco Neira, que nos ensina dende Cambados o Pazo Torrado, que estrea a exposición “Camiño longo” do artista Jose Luis Álvarez Seara.

O simbolismo dos esgrafados da Ribeira Sacra

Os esgrafados que podemos atopar polas paredes da Ribeira Sacra son obras de arte cheas de simbolismo. Agora podemos atopalos todos e coñecelos mellor grazas ao libro da antropóloga Mar López. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Esgrafados da Ribeira Sacra. Alba Cid e o regreso do grupo Rompente.

The Turre’s Band celebra o seu XX aniversario dando zapatilla

Os de Torroso fan xa 20 anos de música que non distingue de idades, fronteiras ou sexos e que non deixa de “dar zapatilla”, enchendo salas, festivais e até as vías públicas, cos seus particulares pasarrúas turresbanianos.

Diario Cultural das 17:30

Movémonos ó son de The Turre’s Band, 20 anos despois do seu nacemento na parroquia de Torroso e, afirman, “con moita zapatilla por dar”. Escoitamos as súas palabras e, como non, a súa música. Finalmente, conectamos coa nosa colaboradora experta do audiovisual, que nos fala dende Cannes, como non podía ser doutro xeito, para describirnos a atmosfera do festival.

A Mostra Internacional de Teatro inaugúrase hoxe cun gran programa que se estenderá durante dez xornadas

Conectamos con Vituco Neira, dende Ribadavia, para falar co dramaturgo Roberto Pascual para conversar sobre as obras das múltiplas compañías que actuarán nos vindeiros días na ribeira do río Avia.

Diario Cultural das 14:30

Achegámonos á Pobra do Brollón, onde terá lugar, mañá sábado 7, o II Festival Científico de DivulgAcción, para falar con Xurxo Ayán, investigador da Universidade de Lisboa, membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica que organiza o evento. Viaxamos tamén a Ribadavia, onde Vituco Neira falará con Roberto Pascual sobre a Mostra Internacional de Teatro que inicia hoxe alí.

Pin It on Pinterest