Diario Cultural

Na Ribeira Sacra teñen 17 graos

Comeza a 5ª edición do festival 17º Ribeira Sacra e no Diario Cultural falamos co seu director.

A poesía era a-quilo

‘A poesía era a-quilo’, un ciclo de poesía entre o peixe, a verdura e o pan da Praza de Abastos do Carballiño neste mes de xullo. 

A Casa Museo de Rosalía de Castro celebra dende hoxe as xornadas ‘Rosalía no Camiño’

Poetas chegados de toda a península farán recitais multilingües en Santiago e Padrón. Son os Anna Gas (Cataluña), Tere Irastortza (Euskadi), Berta Piñán (Asturies), José Rui Teixeira (Portugal) e os galegos Antón Blanco, Alba Cid, Genaro da Silva e Luz Pichel, comisariados todos pola académica Chus Pato. Ademais, acollerá presentacións de libros e actuacións musicais de Secho, Laura LaMontagne & Pico Amperio ou Berlai.

De todo isto falamos con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e con Pepe Barro, deseñador, autor da musealización da casa da Matanza e comisario da exposición 50 anos da Casa Museo de Rosalía de Castro.

 

Arranca hoxe o Festival das Carrilanas de Esteiro, que repite formato ‘km0’

Vituco Neira trasládanos a Esteiro para falar neste novo Festival das Carrilanas 2021, en formato ‘km0’, coa banda Lisdexia, que será a encargada, xunto con Swipe-Up Trío, de estrear os escenarios desta nova edición dun festival xa mítico e que mantén un gran nivel a pesar das circunstancias. Precisamente sobre isto fala tamén Vituco con Álvaro, membro organizador do Festival das Carrilanas, neste Diario Cultural.

Diario Cultural das 14:30

Pulsamos a situación das librarías galegas tras ano e medio de pandemia, pois nesta xornada comeza a Feira do Libro de Ponteareas e algunhas librarías únense á campaña #Libroestío, que naceu en Catalunya. Falamos, pois, con Miguel Mosquera, xerente da Libraría Punto e Coma de Ourense; Cielo Fernández, vicepresidenta da Federación de Librarías de Galicia, e María Carme Ferrer, presidenta do Gremi de Llibreters de Catalunya.

Ademais, conectamos con Vituco Neira, que está en Esteiro polo inicio do Festival das Carrilanas, para falarmos co grupo Lisdexia e con Álvaro, da organización do festival.

Entramos aos Vilares

Xa se presentou o libro de Edición Fervenza ‘Lareira de soños’, de Pastora Veres e acompañado do documental ‘Entrar aos Vilares’, realizado por Cibrán Tenreiro. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Lareira dos soños’, un libro-DVD que inclúe o documental ‘Entrar aos Vilares’. Carteleira con Begoña Vázquez de Sala 5.

A compañía de danza contemporánea La Macana volve ós escenarios con dous espectáculos

Caterina Varela, co-directora e coreógrafa da compañía de danza contemporánea La Macana, está connosco para falar dos dous espectáculos cos que a Macana xirará este verán: Keep Going, xa con tres datas comprometidas para os 16, 17 e 18 de xullo, e Pink Unicorns, cuxa axenda se estende xa até finais de novembro.


 

Pin It on Pinterest