Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
‘Peixe’, o novo disco de Pedro Feijóo. Montse Pena Presas recomenda ‘Contra o reloxo’, de Carlos Labraña.
‘Peixe’, o novo disco de Pedro Feijóo. Montse Pena Presas recomenda ‘Contra o reloxo’, de Carlos Labraña.
Paseamos polas primeiras salas de cine da vila de Narón da man de Benjamín Hermida, técnico en museoloxía, conservación e xestión de museos que asina esta obra de gran valor histórico.
Achegámonos á Casa-Museo de Rosalía de Castro polos fastos do seu 50 aniversario. Ademais, coñecemos o pacto Cultura Sustentable, impulsado por 27 festivais nun exercicio de responsabilidade co planeta, coa contorna e co público, e imos ata Poio con Vituco Neira para escoitar a Anxo Araújo na presentación do seu novo disco “Plan De Urbanismo Para Un Novo Couto Mixto”.
Teatro cómico en Cangas para unir á veciñanza aos dous lados do rio Miño. A Mostra de Teatro Cómico e Festivo chega un ano máis, ata o 10 de xullo, con catro estreas absolutas e moitas máis obras.
Este ano ademáis é unha edición moi especial, que conmemora 25 aniversario de Teatragal, un espazo de reflexión, de diálogo e de intercambio de experiencias entre Galicia e Portugal.
38º Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Estreas de cine con Begoña Vázquez de ‘Sala 5’.
Samesugas, A Banda da Loba, Zënzar, Pakolas, Pauliña ou O Sonoro Maxín son algunhas das bandas que participan no disco doble 25 ANOS RUXINDO: TRIBUTO A RUXE RUXE, versionando as cancións da mítica banda de rock que máis os influenciaron nas súas carreiras.
A presentación do disco tivo lugar este sábado 3 de xullo nun encontro sorpresa para os integrantes de Ruxe Ruxe, que se mostraron moi emocionados. Tanto a idea orixinal e a gravación como o lanzamento do disco, foron iniciativa dalgúns músicos galegos que quixeron mostrarlle aos Ruxe a súa admiración e o seu agradecemento por estes 25 anos de carreira. Nestes tempos raros e difíciles para a música ao vivo e especialmente para o rock, este é sen dúbida o maior acontecemento musical dos dous últimos anos.
Até un total de 32 bandas participan da homenaxe a Ruxe Ruxe polos seus “25 anos ruxindo”. Conversamos con algúns deles, como a voz de Zenzar, Bocixa, ou o batería de Desequilibrio Mental e de Astarot, Piedra. Ademais, Carlos Portela tráenos as últimas novidades do mundo da banda deseñada.
O ARCO Madrid vai ter presenza galega, e no Diario Cultural falamos con Chus Villar, Doutora da Galería Nordés de Santiago. Ademais, parámonos no mapa sonoro da memoria do colectivo LGTBIQA+ “Facémonos escoitar”, que nos explica Adrián Gallero, membro do Colectivo Agrocuir da Ulloa que organiza o proxecto. Ademais, Colapsoloxías, con Vituco Neira conversando cos Pablo Electrocute, Felisa de Leilía e Xurxo Pinheiro, dende o bar El Muelle de Compostela.
Mañá comezan de novo os Atardeceres no Gaiás, ese ciclo de concertos ao aire libre na Cidade da Cultura que teñen como protagonistas a música e o sol.
Os primeiros en pasar por este peculiar escenario serán dous grupo vigueses: Tulip e Helen&Shanna