Diario Cultural

Teatro para escoitar: Chévere estrea ‘Dramawalker Vite’

Un paseo polo barrio compostelán de Vite escoitando ficcións sonoras xeolocalizadas. É a última produción da compañía Chévere, que forma parte dun proxecto de mediación e creación escénica do Centro Dramático Nacional con episodios na Cañada Real de Madrid e no Poble Nou de Barcelona.

Escritora na súa terra: Concha Blanco en Cee

Percorremos Cee con Concha Blanco, pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego. A AELG homenaxea a escritora, que desde agora ten na vila unha praza co seu nome e un pradairo plantado na súa honra.

[09:30:00] Diario Cultural do día 12/06/2021

Podcast do Diario Cultural do sábado

O teatro de don Olimpio

Olimpio Arca foi un mestre e escritor de Cuntis, moi querido en Terra de Montes. Agora Edicións Fervenza publica ‘Teatro de don Olimpio’, once textos teatrais, algúns inéditos, e con limiar do poeta David Otero. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O teatro de don Olimpio nun recompilatorio de Edicións Fervenza. As estreas de cine con Moncho Lemos.

Microspectivas dun marica millenial

‘Microspectivas dun Marica Millennial’ é un espectáculo da compañía Incendiaria, formada por Davide González e Vanesa Sotelo, que cuestiona as certezas impostas que predestinan a construción da identidade.

A partir da música e as artes do movemento, ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente. O resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos lindes da performance, a instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.

Pode verse esta fin de semana na sala Ártika de Vigo, no marco do I Ciclo de Danza e Artes do Movemento

‘Escolma aberta’: música, poesía e pintura

Alberto Cunha publica ‘Escolma aberta’, un libro disco que reúne música, poesía e pintura para render homenaxe á cultura galega. 

Alberto Cunha pon a música e a voz, Ramón Trigo as ilustracións, e diversos colaboradores do mundo cultural como Moncho Lemos, María Lado ou Ledicia Costas aportan as súas reflexións sobre os poemas escollidos. 

Pin It on Pinterest