Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O debut de Nuno Pico como Grande Amore. Alba Cid fálanos de Xerardo Quintiá.

Elefante Elegante estrea ‘Cubo’

Os dous protagonistas de ‘Cubo’ viven nun espazo moi pequeno pero confortable e terán que decidir se paga a pena renunciar á comodidade para descubrir o mundo. Un espectáculo para público familiar inspirado polo confinamento sobre o que conversamos con María Torres e Gonçalo Guerreiro, 
responsables da compañía Elefante Elegante.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 9:30

Elefante Elegante estrea ‘Cubo’. Alfonso Espiño e as súas músicas de domingo.

Paixóns barrocas e clásicos da clásica

A música clásica vai volvendo aos teatros, malia as restricións sanitarias. Conversamos con Fernando Briones, director da orquestra Gaos, e coa soprano Raquel Andueza, do grupo de música barroca La Galanía, as dúas agrupacións que inauguran o Festival de Música Cidade de Lugo-Semana de Música do Corpus.

‘A casa da Troia’ máis universal

‘A casa da Troia’, a novela de Alejandro Pérez Lugín, é unha referencia da vida universitaria na cidade de Compostela. Escrita orixinalmente en castelán, agora poderemos lela por primeira vez en galego coa tradución de Mercedes Pacheco. Os lectores máis internacionais contarán tamén coa tradución ao italiano e danés. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Novas traducións de ‘La casa de la Troya’, incluíndo a galega. Montse Pena Presas e os seus libros para os nenos e as nenas.

O nunca visto da arte galega

Sara Donoso presenta esta nova proposta da Fundación Luis Seoane. ‘O nunca visto’ da arte galega son eses proxectos que quedaron na mente dos seus artistas, pero que merecen ser sacados á luz.

Ese patrimonio oculto da arte contemporánea galega, que comezamos a coñecer este xoves coa artista Mónica Mura. 

A biblioteca das madeiras do mundo

Agustín Bastón presenta unha nova edición da súa ‘Biblioteca das madeiras do mundo’, libros feitos con madeira inusuais de todo o planeta. Unha colección que medra ano a ano. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A biblioteca das madeiras do mundo. O nunca visto da arte contemporánea galega. ‘First Cow’ nos cinemas esta semana.

Pin It on Pinterest