A historia de María Soliña, en ópera
A ópera en galego sobre María Solinha estréase en Cangas.
A ópera en galego sobre María Solinha estréase en Cangas.
A ópera de María Soliña. Montse Pena Presas recomenta ‘Contos de obxectos’.
No bar Macondo de Cee naceu en 1996 o Batallón Literario da Costa da Morte. Os seus fundadores foron Miro Villar, Federico L. Santalla, Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xabier Rodrígues Fidalgo e Estevo Creus.
Os seus recitais polos diversos concellos da Costa da Morte lograron levar a poesía á rúa, con protagonismo para o mar e a súa forma de vida.
Este 2021 cumpren 25 anos de historia, e no ‘Diario Cultural’ celebrámolo con Modesto Fraga.
25 anos do Batallón Literario da Costa da Morte. Begoña Vázquez recomenda ‘El olvido que seremos’.
Emilia Pardo Bazán non deixa de sorprender no centenario do seu pasamento. Foi a primeira muller en escribir un thriller policiaco, ao adiantárselle 10 anos a Agatha Christie. Despois de ‘La gota de sangre’, Ézaro Edicións publica ‘El misterio de Selva’, a segunda parte das aventuras do seu detective particular Ignacio Selva.
O catedrático de Literatura Comparada da UDC, Xosé Mª Paz Gago é o editor e prologuista desta obra.
Podemos dicir que Pardo Bazán, tan adiantada ao seu tempo, é o eslabón perdido entre Conan Doyle e Agatha Christie
Os músicos Xosé Manuel Budiño e Pablo Novoa unen forzas e instrumentos nun novo proxecto musical: Budiño&Novoa
Budiño e Pablo Novoa únense musicalmente. Armando Requeixo recomenda ‘Nus’ de Manuel Gago.
Chega á cidade de NYC a 5ª edición do Festival Internacional Kerouac de Poesía e Performance, con orixe en Vigo. A ilustraqdora do cartel é Vanesa Álvarez, viguesa residente en Brooklyn, que ademais foi unha das 25 seleccionadas para pintar un mural nun hospital da cidade americana.
5º edición do Festival Internacional Kerouac en NYC. Vacinas onte e hoxe con Manuel Vicente. Luis Miguel Crespo fálanos do Festival Bal y Gay.