Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Primeira tradución ao galego de ‘Vinte poemas de amor e unha canción desesperada’. Colaboración de artes do movemento de Rut Balvís.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Hoxe exploramos parentescos curiosos que unen a Rosalía con outros grandes nomes da literatura, ademais Emilio Españadero presenta unha semana máis, o mellor da música de raíz.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

DramaturGA, a Asociación Galega de Dramaturxia, escolleu a súa nova xunta directiva. Nela, Zé Paredes é o novo presidente, mentres que Noelia Toledano asumiu a tesourería e Julio Fer accedeu á secretaría. Ana Abad de Larriva e Ernesto Is completaron a xunta directiva como vogais.

Os Resentidos confirman o regreso dos 80

Esperado regreso da banda viguesa Os Resentidos, capitaneada por Antón Reixa, que veñen de presentar o seu novo disco, ‘Organización Nautilus’. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Regresan Os Resentidos cun disco moi vigués: ‘Organización Nautilus’. Armando Requeixo recomenda ‘O peso do cerebro’, de Xesús Constenla.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Victor Freixanes é reelixido como presidente da Real Academia Galega. Ademais, Rosario Sarmiento fálanos da mostra fotográfica Solokvy.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Narciso de Gabriel vén presenta o seu libro ‘Vermellos e laicos, a represión fascista do maxisterio coruñés”.

‘Nomadland’ gaña nunha gala descafeinada

Begoña Vázquez de Sala 5 pasa polo Diario Cultural para comentar o mellor e o peor desta gala dos Oscar pandémica:

A gran noite do cine de Hollywood celebrou a súa gala en ‘petit comité’, con presencialidade pero renunciando ao gran espectáculo que supoñen os Oscar cada ano. 

A gañadora da noite foi a película ‘Nomadland’, da directora Chloé Zhao e protagonizada por Frances McDormand, tamén gañadoras de Mellor Dirección e Mellor Actriz Protagonista. 

Polo demais, unha gala sen moita emoción, celebrada nunha pequena sala de concertos, que recordaba máis aos Globos de Ouro. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Cerimonia dos Oscar 2021: gañadores e anécdotas con Begoña Vázquez. Falece o historiador ferrolán José Luis Comillas. A obra poética de Isaac Díaz Pardo.

A catedral dos libros de Galicia

Noelia Bascuas é a directora da Biblioteca de Galicia. Para este Día do Libro coordina a actividade ’10 anos, 10 autores, 10 libros’. 

Pin It on Pinterest