Diario Cultural

Retrospectiva Pauline Oliveros

Álvaro Rodríguez Fominaya é o comisario da retrospectiva da compositora estadounidense Pauline Oliveros no Centro Galego de Arte Contemporánea. A música electrónica de Oliveros está moi vecellada ao acordeón, pero tamén foi investigadora no campo da “escoita profunda” ou “deep listening”. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Retrospectiva de Pauline Oliveros no CGAC. Samudra Trio presentan novo traballo.

“Acabouse a noite das sombras” no Día de Rosalía

No Diario Cultural celebramos o Día de Rosalía con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. Con el viaxamos por todos os actos que se celebran nesta xornada para recordar a Rosalía, os seus versos, e a súa herdanza. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Celebrando o Día de Rosalía.

Música e lingua

Música e lingua: repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela. O grupo Zenzar ofrece poño Día de Rosalía unha charla-concerto para adolescentes de Bergondo

Na voz de Lupe Gómez: ‘Os caracois de Belvís’

Cada semana, un libro na voz do seu autor.

Lupe Gómez le ‘Caracois de Belvís’ e conversa con Helena Soto.

O ‘Carnaval dos animais’ en Kalandraka

José Antonio Abad, especialista en proxectos educativos, crea un texto literario arredor do ‘Carnaval dos animais’ de Saint-Saëns, que acompaña cunha escolma das mellores interpretacións da súa obra. 

Está editado por Kalandraka, con ilustracións de Joao Vaz de Carvalho.

As adiviñas medievais de Exeter

Rinoceronte Editora publica a tradución ao galego das ‘Adiviñas medievais de Exeter’. 

Archimétrica: o cine nas galerías de arte

‘ARCHIMÉTRICA’ de José Luis Serzo chega a Santiago nunha exposición conxunta das galerías Trinte e Metro. ‘Archimétrica, historia dun continuo renacer’ é unha curtametraxe premiada en festivais internacionais que explora a combinación do audiovisual con técnicas pictóricas e as vangardas como o dadaísmo ou o constructivismo. 

Na exposición conxunta poderemos ver a curta e todos os materiais e obras nos que se inspirou e forman o universo creativo do autor. 

Pin It on Pinterest