Diario Cultural

A auga de Manuel Valcárcel

O concello de Chantada acolle a exposición fotográfica “Auga. O sangue da terra” de Manuel Valcárcel. Un percorrido pola relación de ser humano coa auga con fotografías dos cinco continentes, de Lugo a Nova Zelanda. 

 

Fotobiografía sonora de Carvalho Calero

Presentación no Teatro Jofre de Ferrol da fotobiografía sonora “Carvalho Calero sen fronteiras”, unha publicación multimedia de Arraianos Producións.

Dirixida por Aser Álvarez e con banda sonora orixinal de Moisés Quintás. 

Podcast do Diario Cultural das 14:45

No Diario Cultural de hoxe Suso de Toro presenta o seu libro ‘Un señor elegante’.

‘Mirar de novo. A muller contra o tempo’

A nova exposición de ABANCA e Afundación en Agalería. A sala de exposicións virtual de ABANCA, dá conta da exposición “Mirar de novo. A muller contra o tempo”, que conta cun exhaustivo catálogo e un texto analítico da experta Mónica Maneiro, coa que falamos hoxe. 

Pódese ver ata o vindeiro 28 de marzo. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Relatos científicos en ‘Inspiraciencia’ con Manuel Vicente. A exposición ‘Mirar de novo’ en Agalería. O novo poemario de María Lado con Alba Cid.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

No Diario Cultural de hoxe, Martín Maez presenta o seu novo disco ‘Hábitat’. Ademais, A Sala Ártika de artica de Vigo, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), estrea ovindeiro venres 4 de decembro o proxecto de investigación “Cambio de Foco”.

O misterio dos aneis de San Estevo de Rivas de Sil

María Oruña publica a través de Editorial Aira a tradución ao galego de O Souto dos catro ventos, baseado nun crime en Santo Estevo de Ribas de Sil. 

Precisamente alí confirmouse esta semana o achádego de catro dos nove aneis dos bispos de Santo Estevo, unhas reliquias que poderían ser os famosos aneis milagreiros desaparecidos durante séculos, e que María trata na súa novela. 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Resolvemos o misterio dos aneis de Santo Estevo de Ribas de Sil con María Oruña. Colaboración de teatro con Roberto Pascual.

Pin It on Pinterest