Diario Cultural

Adolescencia, dó e cambio climático: ‘Sica’ chega a 25 cines galegos

‘Sica’ conta a historia dunha adolescente da Costa da Morte que perde a seu pai nun naufraxio. A paisaxe visual e sonora da comarca ten un gran protagonismo no filme, que é tamén unha chamada de atención ante a crise climática. Unha coprodución galego-catalá participada pola TVG que se estrea con 50 copias en versión orixinal, a metade delas en salas galegas. Conversamos coa directora Carla Subirana e coas protagonistas, a actriz catalá Núria Prims e por Thais García Blanco, unha moza de Cabana de Bergantiños. 

 

 

Letras Galegas 2023 | Xosé Luis Méndez Ferrín

O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín foi gran amigo de Francisco Fernández del Riego, desde que publicou en Galaxia ‘Percival e outras historias’ en 1958. Ferrín era membro desa xeración dos novos, nacidos despois da Guerra Civil, que Del Riego acubillou en Galaxia. Con el falamos na Fundación Penzol en Vigo.

 

 

Letras Galegas 2023 | Ana María Fernández del Riego

Dos once irmáns Fernández del Riego, a única viva é Ana María, que con 101 anos acaba de publicar un libro de poesía. Actualmente vive en Granada, nunha residencia da orde das xesuitinas á que pertence, e como monxa percorreu o mundo, desde a Chinas ás Filipinas. 

Ata Granada foi o compañeiro da Televisión de Galicia, Tino Santiago, que recordou con ela ao seu irmán Paco.

Pin It on Pinterest