Diario Cultural

Moura, un dos grupos desta edición do FIV Vilalba

Comeza o festival FIV de Vilalba, que nesta edición reúne a música de Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Carlangas ou Moura, o grupo co que conversamos. 

‘Fatum’, un thriller coa paternidade no centro

 

Conversamos con Luís Tosar, protagonista de Fatum, un thriller no que as emocións e os dilemas morais da paternidade son o motor da trama a partir dun atraco con reféns. É a primeira longametraxe de ficción dirixida por Juan Galiñanes, e ten  no elenco a Álex García, Arón Piper, Elena Anaya, Ricardo de Barreiro ou Isabel Naveira. O 28 de novembro chega aos cines esta nova produción de Vaca Films, participada pola Televisión de Galicia e rodada na cidade da Coruña. 

 

[10:33:00] ‘Circum’, a música de Ton Risco e Marcos Teira

‘Circum’, a música de Ton Risco e Marcos Teira

[17:49:00] Chantal Akerman e estreas galegas no Play-Doc

 

Andrea Villa debulla a programación do Play-Doc de Tui, que comeza a súa décimonovena edición este mércores. Ademais da apertura con A Foreign Song de César Souto, o festival ofrece unha retrospectiva de Chantal Akerman, un concerto de J, do grupo granadino Los Planetas, e estreas de cineastas galegos como Manuel Valcárcel, Eloy Domínguez Serén ou Ángel Montero e María Serna. 

 

[17:31:00] A obra gráfica e audiovisual de Chichi Campos, na Fundación Luís Seoane

 

Humorista, debuxante, guionista da TVG, un dos pioneiros do cómic galego, militante antifranquista… En apenas 39 anos de vida Xesús, ‘Chichi’, Campos sumou todas esas facetas e converteuse nun retratista iconoclasta da sociedade galega do seu tempo. Seu fillo, o tamén guionista Nico Campos, é o comisario da exposición Xesús! 70 anos de Campos, que recolle a obra gráfica e audiovisual. A mostra pode visitarse na Fundación Luís Seoane da Coruña ata outubro. 

 

Pin It on Pinterest