Diario Cultural
Lydia Cacho, Edicións do Castro e Numax, premios Follas Novas de Honra
O sábado 22 de abril os premios Follas Novas recoñecen o mellor da produción literaria e editorial de 2022. A gala do libro galego entrega tamén tres premios de honra, á escritora e xornalista mexicana Lydia Cacho, a histórica editora Edicións do Castro, creada por Isaac Díaz Pardo en 1963 dentro do proxecto do Laboratorio de Formas e mais á Libraría Numax, de Santiago de Compostela.
‘Libros para xogar’, no Salón do Libro de Pontevedra
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil desenvolve a súa vixésimo cuarta edición ata o 7 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Co xogo como fío condutor, o Salón homenaxeará o escritor e profesor Manuel Lourenzo e acollerá máis de 300 actividades.
Barómetro da Cultura Galega 2023
Debullamos este informe que recolle as impresións das entidades do sector cultural galego sobre o ano 2022, con atención á situación económica xeral, ao Xacobeo ou aos fondos Next Generation, en conversa con Hakan Casares, responsable do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura.
Xuntanza de punkis de aldea en Sarria
O Buril de Sarria organiza o sábado 22 de abril o Encontro de Punkis de Aldea, un festival punk que reunirá vinte e un grupos deste estilo musical chegados de toda Galicia, Asturias, Murcia ou Cataluña.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- …
- 374
- Seguinte ›