Diario Cultural

Arte e memoria, lembranza do pintor Conde Corbal

O centenario do pintor Xosé Conde Corbal conmemórase coas xornadas ‘Arte e memoria’ que organiza a Deputación de Pontevedra. Un encontro no que se recordará a traxectoria do artista, moi implicado na recuperación da memoria das vítimas de 1936. Tamén se abordará a relación da arte galega coa memoria histórica. 

 

‘Cabalgata’, Ataque Escampe encóntranse co pasado

Ataque Escampe publican o seu primeiro elepé con cancións inéditas en seis anos. ‘Cabalgata‘ dialoga co pasado sen nostalxia e achégase a estilos como o synth-funk, o hip hop ou a no wave. Escoitamos as novas cancións do grupo con dous dos seus membros, Samuel Solleiro e Cibrán Tenreiro. 

Lembranza da pedagoga Antía Cal no Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo lembra a figura de Antía Cal no día que faría 100 anos. A entidade recibe a doazón dos orixinais de dúas obras da educadora, ‘O libro dos nenos‘ e ‘O arte e a súa historia‘.

 

Pin It on Pinterest