Diario Cultural

A agrupación O Fiadeiro celebra un cuarto de século en Vigo

A agrupación viguesa O Fiadeiro recupera a celebración dos seus primeiros 25 anos, que tivo que adiar por causa da pandemia. Recollidas, ensinanza a nenos e adultos e representación artística son as actividades que desenvolve desde a súa sede no centro de Vigo. O seu presidente, Miguel Ángel Pena Castro, fálanos do pasado e do futuro desta agrupación con máis de 300 alumnos e alumnas. 

Xabier López publica ‘Cocaína’, historias da posguerra en formato breve

A editorial Menino Morreu publica a última achega narrativa de Xabier López, desta vez en formato breve. ‘Cocaína’ lévanos á Asturias da posguerra a través de historias sobre un futbolista de terceira división, un guerrilleiro cunha misión insólita ou un médico autodestrutivo. 

Campo de traballo arqueolóxico na Ribeira Sacra

Falamos co arqueólogo Xurxo Ayán do campo de traballo arqueolóxico internacional do castro de San Lourenzo, na Pobra do Brollón. O 18 de abril abre o prazo de solicitudes para a sexta edición do campo, dirixido a persoas de 18 a 30 anos con interese na arqueoloxía en comunidade.

Poi: rock, electrónica e chamanismo

Tonhito de Poi e Cristina Morquillas preséntannos ‘Psicodelia‘, o primeiro EP de Poi. O cuarteto mestura rock e electrónica nun son que denominan ‘poi-floyd’ e recolle nas súas letras unha busca espiritual que conecta co chamanismo. O disco ábrese coa canción ‘Delirando‘, na que colabora Javi Maneiro, de Heredeiros da Crus. 

Pin It on Pinterest