Diario Cultural

Quen foi Martiño de Dumio?

O Consello da Cultura Galega analiza a importancia cultural desta figura da Gallaecia tardorromana.
Escoitamos o latinista Xosé Antonio López Silva e o arqueólogo José Carlos nchez Pardo, que participan o martes
11 de abril na xornada ‘Martiño de Dumio, o reino suevo e a cultura galega’.

Ábrese a convocatoria para unha nova edición de ‘Escoitamos teatro’

A Fundación SGAE convoca unha nova edición de Escoitamos Teatro, certame de textos dramáticos breves para radio e podcast. Trátase dunha iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia coa colaboración da Radio Galega para fomentar la creación de novos textos teatrais en galegos e impulsar o radioteatro. 

‘Galiverso somerxido’, patrimonio galego baixo as augas

‘Galiverso somerxido’ presenta unha nova instalación de realidade virtual que propón un paseo en batiscafo para coñecer os nosos fondos mariños. As tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial. A viaxe pode realizarse de balde no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. 

 

Lost Minnow, o proxecto da música coruñesa Cristina Pena

‘Dear Ghost’ é o novo EP de Lost Minnow, o proxecto musical da instrumentista e compositora coruñesa Cristina Pena. É o seu segundo EP que suma influencias do rock progresivo, o post-hardcore americano ou o math-rock xaponés.

Ailá presentan ‘Sansolimón’, o seu segundo disco

Ailá é unha proposta inspirada na música de tradición oral de Galicia, co obxectivo de facer bailar. Conversamos sobre o ‘Sansolimón’, o seu novo traballo, con dous dos compoñentes do grupo, Xan Pampín e Ángela Carou. 

 

Pin It on Pinterest