Diario Cultural

O colectivo artístico Poligonal preséntase coa mostra ‘Paisaxe_0’

Lúa Gándara e Olmo Blanco coordinan este colectivo de artistas visuais que traballa ao redor da paisaxe galega contemporánea e da súa representación artística. Poligonal preséntase en sociedade na mostra ‘Paisaxe_0’, que inclúe obras de 25 artistas e pode visitarse na galería Metro de Santiago ata o 18 de abril. 

“As cantigas é algo vivo”

Alejo Amoedo coordina a publicación Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Códax que promoven a Asociación Galega de Compositores e o Consello da Cultura Galega

‘Espontaneadas’, unha fiestra aberta á vida das galegas do Antigo Réxime

O historiador e arquiveiro Ángel Arcay Barral preséntanos o libro Mulleres espontaneadas. Fraxilidade humana e cópula carnal nas comarcas do Eume e Ferrol (XVIII-XIX), publicado por Baía Edicións. As espontaneadas eran mulleres que quedaran embarazadas sen estaren casadas e que acudían a un notario a declarar a súa condición. 

As voces esquecidas do psiquiátrico de Conxo

O Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura acolle unha exposición que recupera as historias de mulleres que foron ingresadas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, creado en 1885 en Santiago. A mostra inclúe expedientes de ingreso, historias clínicas e diagnósticos de mulleres que ás veces eran consideradas enfermas só por transgrediren os roles de xénero da época. Vidas silenciadas pola sociedade, recluídas na institución e cun contacto exterior estritamente controlado. ‘Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo’ permanecerá aberta ata setembro. 

“Creo que aínda nos queda moita traxectoria por andar”

Kalandraka, a editorial dos libros para soñar, celebra 25 anos

Pin It on Pinterest