Diario Cultural

‘A campá de vidro’, primeiro libro de Sylvia Plath traducido ao galego

 

Irmás Cartoné trae ao galego a única novela publicada pola poetisa estadounidense Sylvia PlathA campá de vidro publicouse en 1963, semanas antes da morte de Plath, baixo un pseudónimo. Baseada en experiencias autobiográficas, a protagonista da novela é Esther Greenwood, unha brillante moza de 19 anos que viaxa a Nova York e que cae nunha espiral depresiva. A novela fala de saúde mental e tamén das oprimentes expectativas que a sociedade estadounidense da época impoñía ás mulleres. 

 

O Museo Provincial de Lugo mostra a historia da moeda en Galicia

O Museo Provincial de Lugo exhibe a súa colección de moedas na mostra ‘De monetaria galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días’, que estará aberta ata o 30 de xuño. Conversamos con Pablo Núñez Meneses, un dos comisarios da exposición, que inclúe unha escolma monetaria representativa da historia da moeda en Galicia procedente de coleccións públicas e privadas.

 

“Síntome un pouco máis libre agora. Unha liberdade bonita”

O escritor Miguel Sande publica Brinde e desespero, a obra gañadora do XXV Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu

‘De lugares e órganos’ volve a Santiago

Ata o sábado 8 de abril desenvólvese en Compostela a oitava edición do ‘De lugares e órganos’.
Conversamos con Belén Bermejo, directora artística deste ciclo musical, no que poden escoitarse
algúns dos órganos históricos da cidade interpretados por intérpretes galegos e estranxeiros.
O festival inclúe concertos, unha proxección de cine con música en directo ou un itinerario por 
Santiago na procura das pegadas de Mariano Tafall, o último gran construtor de órganos da catedral
compostelá. 

Leilía baixan dos escenarios tras 34 anos

Conversamos sobre o legado do grupo con dúas das compoñentes, Felisa Segade e Montse Rivera.

Pin It on Pinterest