Diario Cultural
Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas
Noelia Castro e Josito Porto, premiados nos María Casares
Conversamos con dous dos gañadores da XXVII edición dos Premios de Teatro María Casares. Noelia Castro conseguiu o galardón como mellor actriz protagonista polo seu papel en ‘As que limpan’, da compañía A Panadaría, que conseguiu tamén os premios a mellor montaxe, dirección e texto orixinal. Josito Porto foi recoñecido como mellor actor protagonista por ‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro, que tamén conseguiu o galardón ao mellor espazo sonoro.
A dramaturga Xohana Torres chega aos escenarios
O Centro Dramático Galego estrea a obra Un hotel de primeira sobre o río.
O Poetry Slam de Carral colle cada vez máis forza
Poetry Slam é unha competición de poesía escénica que xunta diferentes estilos de expresión usando só o corpo e voz. Os participantes, “slammers“, dispoñen de tres minutos para presentar textos de autoría propia. Na taberna Lume e ferro tivo lugar o primeiro evento do Poetry Slam Carral. Así, o responsable e participante, Peter Brea, explícanos o motivo e orixe do evento nesta localidade. Tamén conversamos coa gañadora do Poetry Slam Carral, Lucía Ugarte, familia de panadeiros: “É unha fantasía contarlle ao mundo o que levas dentro”.
Overtaz. As fotoesculturas de Santi Barreiros e Nito Contreras.
Overtaz. As fotoesculturas de Santi Barreiros e Nito Contreras.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- …
- 374
- Seguinte ›