Onda Vital

Diario Cultural Onda Vital. Tódolos domingos de 14:15 a 15h, con Xiana Arias.

Ritmos e poesía os domingos ao mediodía!

Diario Cultural Onda Vital do día 20/10/2019

O lume e non as cinsas 2: Faia Díaz e o Dedín Dedín.
Laura Lamontagne e Pico Amperio en directo con Ondas do mar de Vigo e Vou pola costa vella. Unha revisión do repertorio medieval e das cantigas de transmisión oral.
Crónica, en notas de voz, da xira de presentación do novo disco de Agoraphobia polo Reino Unido. 

A escritora Berta Dávila lenos o capitulo cero de ‘Carrusel’

Saber do tono exacto da novela. A escritora Berta Dávila lenos o capitulo cero de ‘Carrusel’.
A banda sonora da súa nova obra inclúe  ‘The circle game’ de Joni Mitchell.

Noel Feáns e Efi Arias preparan novo proxecto. Falamos dos dez anos de ‘Alfaias’ de Fanny e Alexander.

Noel Feáns e Efi Arias preparan novo proxecto. Falamos dos dez anos de ‘Alfaias’ de Fanny e Alexander.

Na lembranza tamén a revista dixital Sonotone, o selo A Regueifa Plataforma ou os ‘machucos’ do Extrarradio nunha conversa con Noel Feáns na que tamén escoitamos a Belén Regueira ou Estíbaliz Espinosa.

Programa Onda Vital, desde o Festival Curtocircuíto

O programa especial Onda Vital do Diario Cultural emite dende o Mercado de Abastos, de Santiago de Compostela. Alí ten lugar o Festival Internacional Curtocircuíto. As curtametraxes son as protagonistas, pero é un evento interdisciplinar. Tamén é un festival de cultura audiovisual e sonora.

Arredor de 130 filmes chegan ao Festival Internacional Curtocircuíto. Actuacións e concertos que crean un universo cultural único en Galicia. Así comezamos este programa especial do Diario Cultural. 

‘O mundo dos vivos’, de Samuel Solleiro

O mundo dos vivos, un recital de Samuel Solleiro.

O músico, tradutor e escritor acaba de publicar poemario en Chán da Pólvora editora. Escoitamos catro dos textos coas bandas sonoras escollidas polo autor.

‘Observar é fundamental, se observas e pillas as vibracións o resto vai só’

Coñecemos á dj Paula Docampo que estes días estará no Canteira Fest en Vilaboa ou no Barbeira en Baiona. Convidámola a picar no ‘Venham mais cinco’ e nas súas escollas Malandrómeda, Sés, Baiuca, Espiño e Terbutalina.

‘Eu non sei consolar vacas’ , de Olalla Liñares

Recital de Olalla Liñares. Coñecemos a voz poética desta mestra, xornalista e música en bandas coma Oîma ou Lagháchema.

Pin It on Pinterest