PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Nace “Fiestra” un proxecto educativo a través do cine, con entrevista ao director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño. Inaguración de exposición sobre Concepcion Arenal na biblioteca da Cidade da Cultura.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Repasamos as 10 cancións finalistas do concurso Musicando Carvalho Calero 2020 e imos ata o I Congreso Internacional do Teatro Galego co colaborador Roberto Pascual

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Conversa sobre ‘FIOT en pausa’, a edición alternativa e online do festival de teatro de Carballo. En concreto entrevistamos a Mon Lendoiro, participante de ‘Pandemia: Novos Retos.

Por outra banda, estes días está a ser o San Froilán en Lugo. Dentro dese marco celébrase a Festa das Letras. O lema elixido é ‘lorchas e punteirolos’, palabras que van englobar historias sobre o fútbol na cidade lucense.

Ademais, o noso colaborador Emilio Españadero falaranos sobre a 36º edición do festival intercéltico do Morrazo, que se celebrará en Moaña esta fin de semana.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Novas creadoras no Curtocircuíto: Iria Silvosa e Rafa de los Arcos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O festival ‘Nas Ondas 2020’ do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A novela ‘O paraíso dos inocentes’, de Antón Riveiro Coello, con comentario de Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Conversa con Víctor Careu, o director artístico do Ateneo 2020. Rosario Sarmiento falaranos das fotografía de Isabel Muñoz, que actualmente ten unha exposición ao aire libre na Coruña.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevista a Esther Carrodeguas, autora de ‘Malcriada’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos con Ero Vázquez Cabrera, do Teatro Marionetas Trécola. O noso colaborador Luis Miguel Crespo achéganos a programación da OSG

Zeta | Episodio 3

Solaina, un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura dacidade, e no que os artistas poden coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súaspezas. Este proxecto está dirixido e curado por Antía Carreira e Sergio Marey, dous novos artistas lucenses que esperan facer de Solaina “un referente da arte en Galiza eno mundo”. Colaboracións de Cibrán Tenreiro e Ana Abad

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Publícase un epistolario de Forentino Cuevillas con máis de 1000 cartas a diferentes persoeiros do mundo da cultura. Entrevista ao autor, Julio Rodríguez. Xoana sacou disco xusto antes do confinamento . Colaboración de Manuel Vicente sobre ciencia.

Pin It on Pinterest