PodCast

Podcast Diario Cultural 14:45

Presentamos unha nova temporada no Numax, un ciclo sobre as grandes figuras da historia da arte.

Podcast Diario Cultural 10:30

Descubrimos quen era Man, o artista alemán de Camelle, a través dun novo libro ilustrado. Como cada luns, escoitamos música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast Diario Cultural 14:15

Escoitamos o novo traballo musical de Ataque Escampe. O grupo presenta os discos de rarezas, demos e inéditos ‘Idolos Adolescentes’ e ‘A vida dos animais’.

Neste espazo cultural falamos con Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira e Julio Vilariño.

Podcast Diario Cultural 9:30

Coñecemos o Ciclo Pank que acolle o Salón Teatro de Santiago cos seus protagonistas, a galega Cristina Balboa e o mexicano Manuel Parra.

O 11 de xaneiro de 1999 estreábase Mareas Vivas. O vinte aniversario da serie no centro da colaboración do presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos do filme ‘Elisa e Marcela’ de Isabel Coixet. Tamén repasamos os gañadores dos Premios da Cultura Galega e falamos do libro ‘Natura’ de Iolanda Zúñiga.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos cos protagonistas dos Premios da Cultura Galega nas oito categorias: Música, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Audiovisual, Patrimonio Cultural, Proxección Exterior, Letras e Lingua. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural 17:30

Falamos coa doutora en Ciencias do Mar e escritora do libro “Puf! Vaia peido”, Luísa Martínez Lorenzo.

Ademais, noso colaborador, Tito Lesende, tráenos a axenda de concertos da fin de semana. O sábado 12, estarán no Pazo da Cultura de Pontevedra, a arxentina Nathy Peluso xunto á rimadora galega Wöyza. Ese mesmo día, pero na Sala Capitol de Compostela, actuará Tarque, o cantante de M Clan co seu proxecto en solitario.

 

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos coa escritora Iolanda Zúñiga sobre o seu novo libro ‘Natura’.

Pin It on Pinterest