Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos un programa moi mediterráneo. Comezamos coa poesía do máis grande poeta helénico, Konstandinos Kavafis, porque se acaba de publicar unha tradución da súa poesía completa. Falamos co tradutor, Miguel Angel Areses Martín.

E despois, continuamos navegando polo mediterraneo, de Alexandría a Italia, porque o noso colaborador Luis Miguel Crespo falaranos da obra de Giuseppe Verdi, o gran compositor da reunificación italiana.

[17:30:00] ‘Segmento Cantábrico’, primeiro disco en solitario de Ugia Pedreira

Ugia Pedreira publica o seu primeiro disco en solitario, ‘Segmento cantábrico’. A que fora compoñente de proxectos tan relevantes na música galega como Marful, Chouteira ou Nordestinas asina co seu apelido, A Pedreira, este traballo de folk progresivo que mestura canción e spoken word e que inclúe o poemario Atalaia Norte

Telexornais e cancións para coñecer a Florencio

Falamos de dúas iniciativas escolares para coñecer o homenaxeado nas Letras este 2022, o poeta valdeorrés exiliado en México Florencio Delgado Gurriarán. No CPI Os Dices de Rois elaboran cada ano un Telexornal dedicado ao protagonista nas Letras, e no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces propoñen coñecer a Florencio a través do seu gusto pola música e o baile a través do proxecto ‘O poeta que baila’.

Sheila Patricia presenta unha marea de sons en ‘Orixe’

Sheila Patricia presenta novo disco, ‘Orixe’. Un deses traballos feitos a lume manso, e no que a tradición, a orixe de todo, está moi presente. 5 anos de traballo para un disco producido entre Galicia e Arxentina e que soa a todas esas tradicións musicais, pero ao mesmo tempo está cargado de actualidade, de sons electrónicos e vangardistas.

 

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Estamos de estrea! Onte escoitabamos a Sheila Patricia interpretando o himno galego na entrega das medallas do Parlamento, e hoxe témola aquí. Está presentando un novo disco, ‘Orixe’, que sae mañá. Un deses discos feitos a lume manso, e no que a tradición, a orixe de todo, está moi presente.

E despois, as estreas da carteleira para esta semana, como cada xoves, con Begoña Vázquez de Sala 5.

Pin It on Pinterest