Radio Galega

Pasado, presente e futuro da acibechería

Ricardo Rivas é un artesán especializado en ourivería e na talla do acibeche, un dos poucos que permanece no casco histórico de Compostela logo de máis de 50 anos de traballo. Achegámonos ao seu taller na Xoiaría Ricardo, na Rúa da Acibechería, sobre o pasado, presente e futuro deste oficio.

[foto de Artesanía de Galicia]

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe imos mirar á historia de Galicia desde unha perspectiva ben diferente: a da moda. Para iso, conversaremos co xornalista Fernando Franco, que é quen fai este estudo, ‘ 40 anos da moda en Galicia’ para a editorial Guiverny.

E despois Armando Requeixo dará conta dunha novidade editorial en Galaxia, que é a tradución de todo un clásico como ‘Dublineses’, o libro de relatos de James Joyce.

Historias de mulleres que racharon tópicos en Fisterra e Loiba

Historias de mulleres en primeira persoa para rachar tópicos e lugares comúns. Esa é a base do documental Loitar saben, un proxecto da revista Mazarelos e dirixido por Roque Sanfiz Arias. En dous episodios, relatan a vida de cinco mulleres fisterrás ou das xogadoras do pioneiro equipo de fútbol feminino en Loiba aló polos anos 80.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe estaremos coñecendo mellor a vila de Verín grazas ao novo libro de Xosé Carlos Caneiro, ‘Verín de Verín’, que ten como protagonistas á veciñanza e amizades, e descubriremos por que Verín é un lugar tan peculiar.

Pero non quedan aí as viaxes de hoxe, porque remataremos con poesía, con Alba Cid, que nos vai transportar directamente a Ítaca coa obra de Konstandinos Kavafis, que chega ao galego nunha nova tradución.

Pin It on Pinterest