Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Este 2022 é o ano Laxeiro nas artes galegas e temos xa a primeira mostra de moitas que seguro que virán nos primeiros meses. Chámase ‘Laxeiro descoñecido’ porque son 13 obras inéditas, nunca vistas polo público, así que temos aquí unha oportunidade excepcional de velas na Fundación Laxeiro en Vigo.

E despois, luns de poesía con Alba Cid, que ven a comentarnos a ‘Ontoloxía poética’ de Carlos Santiago.

Microefectos dramatúrxicos volven ao Clavicémbalo

Amigos facendo microteatro. Iso é o grupo lugués Microefectos Dramatúrxicos, que en 2013  comezou a aventura de crear e poñer en escena os seus propios textos, de duración inferior  aos 15 minutos. Estes días representan no Club Clavicémbalo de Lugo catro novas pezas, con funcións ás 20:30 e ás 22:30 venres e bado. Conversamos con dous dos integrantes  do colectivo, Anxo Manoel e Conchi Madrina. 

‘Rastros’, de Roberto Vidal Bolaño, volve aos teatros

‘Rastros’, de Roberto Vidal Bolaño, volve aos teatros

Corazóns e paisaxes mariñas na Bienal de Pintura Eixo Atlántico

Conversamos con Tito Senna, artista carioca residente no Porto e autor de ‘Coração resiliente’, a obra gañadora da 13ª edición da Bienal de Pintura Eixo Atlántico. Coñecemos tamén o vigués Breogán Torres, gañador do premio  Novos Talentos da bienal con ‘As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra’

‘Acanteira’ do ‘fiddle’ en Galicia

‘Acanteira’ do ‘fiddle’ en Galicia

A educación truncada polo franquismo, na obra teatral ‘As alumnas’

Anabell Gago e Mónica Camaño protagonizan ‘As alumnas’, unha peza teatral na que interpretan dúas antigas alumnas de María Barbeito, mestra e pedagoga coruñesa depurada polo franquismo. Fina Calleja dirixe a montaxe, baseada nun texto de Paula Carballeira e impulsada por Culturactiva. 

Teatro accesible cun pioneiro sistema do Centro Dramático Galego

Algunha vez se preguntaron como é asistir a unha función de teatro para unha persoa con discapacidade visual ou auditiva? Como escoitan os diálogos dos actores, a música ou os efectos sonoros? Como ven os movementos sobre o escenario, os cambios na decoración e nas luces? Son preguntas necesarias para decatarnos que a cultura, un ben esencial, un dereito de todos e todas, non sempre é accesible.

Por sorte, en Galicia podemos falar xa de iniciativas e proxectos destinados a romper esas barreiras. É o caso do sistema que vén de poñer en marcha o Centro Dramático Galego; unha medida pioneira que adapta todas as funcións que se celebran no Salón Teatro de Compostela para que poidan ser desfrutadas en igualdade de condicións por todos os asistentes, con linguaxe de signos, subtítulos e audiodescricións. Falamos con Fran Núñez, director do CDG, que nos comenta que este sistema “posibilita que todas as funcións sexan accesibles no Salón Teatro en principio, pero tamén nos teatros polos que xiren as obras, xa que é un sistema móbil”.

E como reaccionan os usuarios e usuarias? Falamos tamén con Loli Venancio, responsable de Servizos Sociais da ONCE en Galicia e gran afeccionada ao teatro, que xa puido asistir á representación de ‘A Peste’ con este novo sistema.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A cultura é un ben esencial, pero non sempre é accesible para todo o mundo. Persoas con diferentes discapacidades, como visual ou auditiva, teñen demasiadas barreiras na maioría dos casos. Pero hoxe queremos contar que o Centro Dramatico Galego dispón desde fai unhas semanas dun sistema inclusivo pioneiro para que as obras sexan accesibles. Imos saber en que consiste e como funciona.

E no tempo das lecturas de Montse Pena Presas imos ver como a literatura, neste caso a infantil e xuvenil, nos pode axudar a falar da guerra cos máis pequenos e pequenas.

O Entroido do antropólogo

Neste martes de Entroido aplicámoslle unha mirada antropolóxica a esta festa ritual coa axuda do antropólogo Rafael Quintía. A Sociedade Antropolóxica Galega organiza os días 11 e 12 de marzo a décima edición das súas Xornadas do Entroido en Pontevedra.  Escoitamos dous dos participantes: Mónica Vázquez, da asociación cultural Entroido das bonitas de Sande, no concello ourensán de Cartelle,  e o músico e investigador Guillerme Inácio Costa, autor dun monográfico sobre a danza de Entroido de Nerga. 

Pin It on Pinterest