Radio Galega
Ialma volven a Galicia
As dualidades de Santi Araujo resoan en ‘Suelta o muerde’
Hoxe é o 22 do 2 do 2022. E o dous, as dualidades, os binomios, vannos estar acompañando durante toda a escoita deste novo disco de Santi Araujo: ‘Suelta o Muerde’. Ata a data escollida para a súa saída está pensada. 11 cancións pero con 22 títulos, dúas portadas diferentes, pero o que é máis importante, unha música e unhas letras que te acollen desde a primeira nota e que naceron “case sen buscalo, deixando que a vida me fose contando o que quería de min”.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Hoxe temos unha estrea moi especial, porque neste 22 do 2 do 22 vén de saír o novo disco de Santi Araujo, ‘Suelta o Muerde’. Máis alá de todas estas dualidades, o disco é unha fermosura no musical, así que non podemos agardar máis a preguntarlle a Santi por el.
E despois, como cada martes, teremos por aquí a Armando Requeixo coas súas lecturas recomendadas. Hoxe, cunha interesante obra de tradución como é ‘Azami’, a novela da escritora de orixe xaponesa Aki Shimazaki.
Presente e futuro das salas de concertos
Mirar de novo: “No discurso da historia da arte a muller case non existe”
Inaugúrase na Sede Afundación da Coruña a mostra ‘Mirar de Novo. A muller contra o tempo’, unha exposición comisariada por Diego Gascón e David Barro que reúne 32 pezas realizadas por 30 artistas mulleres, entre a obra pertencente á colección ABANCA e Afundación e algunha cesión de museos coma o Thyssen ou o de Belas Artes de Asturias.
No título, nese ‘Mirar de novo’, temos unha resposta natural ao esquecemento que durante séculos sufriron as mulleres artistas na historia da arte e na historia en xeral. Unha historia que nos chegou contada a medias, a través da perspectiva masculina, pero que debemos recuperar mirando de novo. Elas tamén foron cronistas da súa época, elas contaron a historia, elas abriron camiños artísticos do mesmo xeito que os homes. Comezando no século XX, ‘Mirar de novo’ ofrécenos obras de artistas galegas como Maruja Mallo ou Elena Colmeiro, entre outras de renome e trascendencia nacional e internacional.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Comezamos semana indo de exposición, e agora mesmo estase presentando na sede Afundacion da Coruña a mostra ‘Mirar de novo. A muller contra o tempo’. É unha exposición que puidemos ver durante a pandemia de maneira virtual e que agora comeza a itinerar polas diferentes cidades. Xa estivo en Santiago, agora na Coruña, e logo irá viaxando. Mirando de novo, o que pretenden é descubrir unha nova historia da arte, escrita, debuxada, e deseñada polas mulleres. Falaremos cun dos seus comisarios.
E logo temo por aquí a Alba Cid, que hoxe nos quere comentar o novo número, o 44, da revista Dorna, expresion poética galega.
Arrythmia publica novo disco
Os lucenses Arrythmia vén de publicar esta fin de semana pasada o seu novo traballo discográfico baixo o título de 1. O trío volve así á vida trala pandemia con moita forza, mensaxes contundentes e con toda a ansia de visibilizar os problemas actuais da sociedade dende os propiamente sociais ata os mentais. Calidade e etiquetaxe difícil, aínda que polo rego do metal, o novo disco dos Arrythmia xa está dispoñible en tódalas plataformas. Falamos con guitarrista e vocalista da banda, Alberto Busto.
‘Nó’, a nova peza da compañía de danza urbana Elahood
A migración das mulleres, a escena
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- …
- 369
- Seguinte ›