Radio Galega

As antecesoras das Tanxugueiras

Cinco mulleres da parroquia malpicá de Mens convertéronse nos anos 70 e 80 nun dos primeiros grupo de tocadoras que aparecían regularmente nos palcos, actuando para o público. A Central Folque publica os libros ‘Pandereteiras de Mens’, de Beatriz Busto Miramontes e ‘O infinito no pé’, de Eva Moreda e Serxio Cobos, ao redor da ribeirana, un dos bailas que practicaban en Mens, hoxe case desaparecido e aínda misterioso na súa orixe e significado.

As dúas obras preséntanse este sábado en Malpica, nunha xornada na que tamén se poderá aprender a bailar a ribeirana.

As novas cancións de Dakidarría

Gabriel Reigosa, do veterano e combativo grupo do Val Miñor, cóntanos como afrontan os tempos pandémicos e preséntanos a súa última canción, ‘Pobo de artistas’ no que reuniron 70 bandas do país. Axiña lanzarán un novo tema, ‘Arrasadeira’.

As bambolinas dos premios Xerais

Os premios Xerais inclúen nos seus xurados lectores non profesionais. Falamos con tres das persoas que formaron parte dosxurados desta edición, que galardoaron obras de Berta Dávila e Ledicia Costas: a psiquiatra Iria Veiga, a creadora de contido María Rúa Rodríguez e o estudante de Xornalismo Dani Portela.

Novos Cinemas e a estrea de ‘A virxe roxa’

Hoxe comeza en Pontevedra a 6ª edición do Novos Cinemas, o festival que é o mellor espazo de encontro dos novos, novísimos cineastas. Suso Novás, codirector do festival xunto con Daniel Froiz. 

A película encargada de abrir o festival será ‘A virxe roxa’, o novo proxecto de Marcos Nine. Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart son as protagonistas desde suceso de principios do século XX. A forma da obra tamén é de interese, xa que está composta por fragmentos de 423 filmes.

Hoxe comeza en Pontevedra a 6ª edición do Novos Cinemas, o festival que é o mellor espazo de encontro dos novos, novísimos cineastas. Suso Novás, codirector do festival xunto con Daniel Froiz

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe comeza en Pontevedra a 6ª edición do festival Novos Cinemas. Falamos co seu director, Suso Novás, e tamén con Marcos Nine, encargado de inaugurar o festival coa sua película, ‘A virxe roxa’.

Na banda da literatura, Armando Requeixo fálanos de ‘Do mellor de Nós’, unha recompilación dos máis destacados textos da xeración Nós, editados por Hercules de Ediciones.

Idoia Cuesta e Álvaro Seivane, galardoados nos Premios Artesanía de Galicia

A gala celebrada en Santiago de Compostela para a entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2021 coroou co gran premio ó obradoiro de cestería Idoia Cuesta, quen nos visitou neste Diario Cultural, para falar da artesanía galega, do seu propio traballo e da súa peza ‘Abisal’, un cesto con materiais de pesca artesanal reciclados que lle valeu a vitoria neste certame. Mais non foi a única visita, pois tamén Álvaro Seivane, receptor do premio honorífico Traxectoria, e Julia de la Cal, do obradoiro de cestería La Parabólica e gañadora da Bolsa Eloy Gesto prestaron testemuño, experiencias e pensamentos.

Pin It on Pinterest