Radio Galega

‘A sombra de Cristal’, a ópera bufa de Fernando Buide e Quico Cadaval

Unha criada engana e manipula ao amo da casa coa axuda doutro criado mudo para que case con ela e así converterse en ama. É o argumento de ‘La serva padrona’, o que estamos a escoitar, unha ópera bufa do século XVIII con música de Giovanni Battista Pergolesi e libreto de Gennaro Antonio Federico.

Mañá interpretarase dunha maneira ben orixinal no Auditorio de Galicia. Con ela abrirá a Real Filharmonía de Galicia a estrea doutra ópera, desta vez galega e contemporánea, pero que garda semellanzas coa do barroco italiano. Chámase ‘A sombra de Cristal’, con música de Fernando Buide e libreto de Quico Cadaval, unha ópera bufa que vai ir xogando ás agachadas con ‘La serva padrona’ de Pergolesi.

Que nos contan en ‘A sombra de Cristal’? Como é a música? Por que vai ser interpretada xunto a ‘La serva padrona’? Preguntámosllo aos autores, Quico Cadaval e Fernando Buide.

 

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

No programa de hoxe temos artes escénicas con Roberto Pascual, que nos vai falar de ‘Partida salvada’, a obra de Fernando Epelde que nos sitúa nun futuro no que o galego está en vías de extinción.

E tamén sobre o escenario, pero en forma de ópera, chega ‘A sombra de Cristal’. Mañá estréase en Santiago, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia esta ópera bufa en 1 acto, galega, con música de Fernando Buide e libreto de Quico Cadaval. Será interpretada despois dunha vella coñecida das óperas bufas: ‘La serva padrona’.

‘O corpo aberto’: un western gótico na Raia

Falamos con parte do equipo de ‘O corpo aberto‘ pouco antes de remataren a rodaxe deste filme de ‘terror folk’ que explora os lindes entre os xéneros cinematográficos, entre vida e a morte e entre o feminino e o masculino. É a primeira  longametraxe de ficción de Ángeles Huerta e forman parte do elenco María Vázquez, Tamar Novas e a actriz portuguesa Victória Guerra. O filme está baseado nun dos contos Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín, e chegará ás salas de cine en outono de 2022.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

No programa de hoxe teremos literatura con Armando Requeixo. Baixo o seu radar de novidades, hoxe vainos falar de ‘O libro da música’, un volume colectivo de relatos que vén de publicar a editorial Galaxia.

Pero antes, imos coñecer a unha artista, a unha artesá máis ben, que é fotógrafa, bordadora, ganchilleira e fundadora do Studio Variopinto. Ela é Minia Banet, e mestura todas estas disciplinas para crear pezas de artesanía realmente únicas, inspirándose sobre todo no cine e na botánica. Con ela, no seu obradoiro en Compostela, estivo Vituco Neira.

A ‘Xuventude Prexubilada’ dos Vacalouras

Os Vacalouras preséntannos desde o barrio vigués de Teis o seu último disco, ‘Xuventude prexubilada’. Cancións de verbena punk que inclúen unha colaboración co célebre músico portugués Quim Barreiros. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

No programa de hoxe temos poesía e música en proporcións semellantes. Luis Miguel Crespo, o noso experto en música clásica, trae todas as novidades da Real Filharmonía de Galicia, que non son poucas. Un disco de 4 compositores galegos, e unha ópera, tamén galega, de Fernando Buide. Pero para comezar, a poesía de Xesús Bermúdez Tellado, que vén de autopublicar o seu segundo poemario, ‘O silencio dos teus ollos’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe temos un día moi fotográfico, para visualizar o pasado e tamén o presente a través da fotografía. Comezaremos conversando con Adolfo Enríquez, que case que vai a premio por foto porque ten xa 9 premios LUX, que son os máis importantes da fotografía en España.

Pero tamén falaremos da nosa historia, e sobre esa ten moito que dicir o traballo de Carlos Valcárcel. O fotógrafo lucense faleceu este pasado domingo aos 92 anos e hoxe recordarémolo co seu discípulo.

E para rematar, literatura infantil e xuvenil, como cada venres, coa palabra de Monste Pena Presas.

Pin It on Pinterest