Radio Galega

Cancións para os meniños mortos de Auschwitz

O documental ‘Songs to the dead children in Auschwitz’ recorda a historia de Gisella Perl, xinecóloga xudía prisioneira no campo que axudou a abortar a centos de prisioneiras para evitarlles as torturas de Josef Mengele. Ese episodio ilústrase coas ‘Cancións para os meniños mortos’, compostas por Gustav Mahler a principios do século XX. O filme documental, obra do tamén compositor Eduardo Soutullo foi galardoado no Kursaal Film Festival, no Festival de Cine Social de Castilla La Mancha e no AMUA de Hondarribia. 

O Camiño Portugués: lembranzas de mar e pedra

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada. Trátase, por tanto, dun proxecto que nos brinda a oportunidade de reflexionar sobre o que permanece inmutable e o que se transforma, construíndo unha memoria colectiva do camiño accesible a todas e todos.

No Diario Cultural falamos coa comisaria da exposición, Lucía Laín.

Hoxe falláronse os Premios da Cultura Galega 2021

Anunciados os Premios da Cultura Galega 2021, no Diario Cultural quixemos conversar e parabenizar a tres das oito galardoadas: Esther Estévez, polo Dígocho Eu, en Lingua; Zaza Ceballos, produtora, no Audiovisual, e Pablo Jaime Díaz, director da Nova Galega de Danza, premiada en Artes Escénicas.

A ‘Intimidación’ do Colectivo Maiakovski

A ‘Intimidación’ do Colectivo Maiakovski

Pin It on Pinterest