Radio Galega
“Novas diásporas”: a voz de Galicia na emigración
Entre hoxe e mañá celébrase no Consello da Cultura Galega a xornada “Novas diásporas”, coordinada por Antía Pérez Caramés, que pretende dar unha panorámica xeral do fenómeno dos novos movementos migratorios. Parece que Galicia está desde o século XIX destinada a ser país de emigrantes, a marchar na busca de máis e mellores oportunidades; pero o certo é que aqueles primeiros emigrantes pouco teñen que ver cos actuais.
A vaga actual da emigración comeza coa crise do ano 2008, cun aumento da mobilidade entre Galicia e o resto de Europa. Unha nova vaga con características diferenciadoras: xente formada, uso das redes sociais para manter contacto coa casa, e destinos europeos ben coñecidos xa pola emigración galega. Dicimos moito iso de que Galicia non se entendería sen a diáspora, pero para iso temos que escoitar máis e coñecer mellor a esa diáspora.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
“Novas diásporas”, unhas xornadas do Consello da Cultura Galega que dan voz á emigración. Begoña Vázquez repasa a participación galega do Festival de Sitges.
Volven os concertos á sala Mardi Gras
Domingo de Andrade, conmemorado no Día das Artes Galegas
A Real Academia Galega de Belas Artes determinou prorrogar no ano 2021 o Día das Artes Galegas dedicado ao grande arquitecto barroco Domingo de Andrade, ao que se lle dedicara o ano pasado. Andrade foi un dos creadores da historia galega con máis impacto e influencia nas artes do país. No Diario Cultural falamos co vicepresidente da RAGBA, Celestino García Braña.
‘Aura 1964’, o guión que espera ser película
“Ano 1964. Siro, un adolescente dunha aldea da alta montaña galega, ingresa nun internado relixioso, onde fai amizade con Cosme e Berto. O ambiente está dominado polo adoutrinamento, a mentira e a aldraxe da dignidade en nome de Deus e da patria fascista.”
Así é o argumento principal de ‘Aura 1964’, o libro-guión-película de Ignacio Vilar, recén publicado pola editorial Galaxia e que espera tamén ser proxectada nos cinemas. Galaxia estrea con esta obra a súa colección ‘Guión’, onde virán publicando máis proxectos cinematográficos galegos.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
‘Aura 1964’, o guión-libro de Ignacio Vilar. Roberto Pascual fálanos de ‘ECO’, de Avelina Pérez.
Diario Cultural Especial no Curtocircuíto
Edición especial, a cargo de Belén Regueira e Vituco Neira, dende a 18ª edición do festival Curtocircuíto e emitido dende a rúa Nova de Santiago, ao pé do Teatro Principal, a sede principal das proxeccións de Curtocircuíto; de cinco a seis da tarde.
Acompañáronnos Brais Romero, un dos coordinadores de programación de Curtocircuíto e tamén unha das fundadoras do festival, Gael Herrera, produtora do documental ‘No somos nada’, sobre o grupo La Polla Records; conversamos con Eloy Domínguez Serén, Xacio Baño e Antía Carreira, tres dos directores que presentan pezas na sección ‘Planeta GZ‘; con Enar de Dios, protagonista da sección Terra, e con Bandia Ribeira, fotógrafa que realiza unha residencia artística sobre a imaxe de Santiago durante o festival. Tamén contamos coa presenza do músico Alberto Cernadas, que actúa este mércores co seu proxecto CRNDS, e coa cantareira Fransy González, dentro da programación do festival.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- …
- 369
- Seguinte ›