Radio Galega

Oitava edición dos premios Martín Códax da Música

Xiana Lastra, presidenta da Asociación Músicas ao vivo, explícanos os cambios que introducen este ano os galardóns da música galega. 

Camiñar o Vigo rebelde

Hai un Vigo cultural, un Vigo que fai fronte ao fascismo, un Vigo obreiro e sindical… e todas esas facetas están en ‘Marxes. Guía Ilustrada do Vigo Rebelde’, un libro de Xurxo Martínez e David Rodríguez para a editorial Xerais. 

Acompañamos ao autor a camiñar por ese Vigo rebelde. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Camiñamos por Vigo con ‘Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde’. Coñecemos a Brúa, unha nova formación musical. E imos ao cine con Moncho Lemos.

Gervasio Sar, “o mariñeiro pop”

Guiado polo faro de Muxía viviu e pintou o artista Gervasio Sar. Recentemente falecido, a asociación que leva o seu nome quixo rederlle homenaxe cunha exposición retrospectiva da súa obra na sala A Camposa de Muxía. “O diván de Freud no faro da fin do Camiño” poderá verse ata o 30 de setembro nesta vila da Costa da Morte. 

No Diario Cultural falamos con Antón Castro, comisario da exposición: “Gervasio retratou Muxía, o mar e a súa xente a toda cor. Muxianizou o pop art”.

Diálogos poéticos para o verán

A poesía tomas as rúas e prazas de Compostela co ciclo ‘Poemas no estío’, comisariado por Antía Otero, cada mércores ás 20h no marco do Festival C. Diálogos poéticos coa música e as artes, e diálogos entre poetas, como o desta tarde, protagonizado por Luz Pichel e Elvira Ribeiro. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Poemas no estío’, ciclo de diálogos poéticos no Festival C. Gervasio Sar, o mariñeiro que pintou Muxía. Roberto Pascual e o teatro de monicreques para adultos.

Volve a Vilagarcía de Arousa o Festaclown

Circo, música, narración oral e compromiso social do que falamos con Nacho Fungueiriño, coordinador do festival. 

Diario Cultural das 14:30

No Festaclown de Vilagarcía de Arousa e na provincia de Ourense, coa quinta das nosas Rutas con Historia.

Pin It on Pinterest