Por unha mocidade con memoria
O 17 de agosto de 1936 os fascistas asasinan a Alexandre Bóveda, figura clave do nacionalismo galego, por defender Galicia e a República. Na súa honra, un Castelao no exilio arxentino decidiu instituír o 17 de agosto como o día da Galiza Mártir.
Neste día tan simbólico preséntase a Mocidade Galega pola Memoria, unha plataforma co obxectivo de presentarlles a historia aos máis novos e facelos partícipes da memoria común. No ‘Diario Cultural’ puidemos falar con dous dos seus impulsores, Diego Bará e Andrea Ferrer.