Diario Cultural das 14:30
No Viñetas desde o Atlántico, no Jazz da Ría e no mundo da música con Tito Lesende.
No Viñetas desde o Atlántico, no Jazz da Ría e no mundo da música con Tito Lesende.
Esta semana coinciden no calendario dúas iniciativas de arte urbana pioneiras: Desordes Creativas, en Ordes, dende o 9 de agosto, e Derrubando muros en Carballo, dende o 12 de agosto. Delas falamos con Sokram, organizador e este ano artista de Desordes Creativas e Maite Parga, organizadora do Derrubando muros de Carballo.
As matemáticas, a física, a medicina, a arquitectura, a tecnoloxía… son disciplinas que tamén pertencen ás mulleres, malia estar moitas vecesinvisibilizadas e caladas. E non é novidade, leva sendo así ao longo dos séculos, tamén en Galicia. Iso demostra ‘Galegas na ciencia’, un caderno ilustrado que recolle a vida e achegas de 20 pioneiras da ciencia en Galicia. Desde o século XVIII coa enfermeira Isabel Zendal, ata mediados do XX coa neuroquímica María Teresa Miras Portugal.
Neste Diario Cultural falamos coa autora, Isabel Blanco, e tamén a ilustradora, María Lapido.
‘Galegas na ciencia’, un caderno ilustrado de Isabel Blanco e María Lapido. Roberto Pascual fálanos de ‘A vinganza de Fortimbrás’, texto gañador do III Premio Laudamuco.
‘A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico’ é un documental de Lorena Gallardo e Humberto Novoa sobre a fala única da ribeira. Verbas moi vivas que siguen empregando os ribeiraos e as ribeirás, e unha forma de comunicación que fai da paisaxe pendente e o río un eixo social e cultural.
Para protexer a Ribeira Sacra hai que coñecela; e coñecela pasa tamén por estas verbas vivas
Documental ‘A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico’. Mario Regueira recomenda o ensaio ‘Fodemos?’.
Visítanos Miguelanxo Prado, director do Viñetas desde o Atlántico, que inicia no día de hoxe a súa nova edición, con charlas e exposicións espalladas por toda esta semana, até o vindeiro domingo 15 de agosto.
N’A Coruña, coas Viñetas desde o Atlántico, e en Compostela, cos Zapatos no camiño, de Francisco Leiro, no Monte Gaiás.
A de Xavier Senín é unha vida dedicada á tradución, como ben recoñece o seu recente Premio Nacional. Do francés, principalmente, podemos ler en galego obras universais como ‘A peste’ (Hugin e Munin) ou Asterix (Xerais). As súas traducións son xa patrimonio literario galego.
Neste Diario cultural tivemos o privilexio de escoitar unha conversa entre Vituco Neira e Senín, nun lugar tamén referente como é a Libraría Couceiro de Compostela.
Vituco Neira conversa con Xavier Senín sobre toda unha vida dedicada á tradución. Luis Miguel Crespo segue os pasos da RFG no Festival de Santander.