Radio Galega

Publícase en galego a exitosa novela da catalá Irene Solà

“Canto eu e a montaña baila”, de Irene Solà, está traducido a 21 linguas e recibiu galardóns como o Llibres Anagrama, o Cálamo ou o premio ao Mellor Libro Europeo. O selo Faktoría K da editorial Kalandraka publícao agora en galego, en tradución de María Alonso Seisdedos.

Diario Cultural da 14:30

“Canto eu e a montaña baila”, a 43ª edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño e os 20 anos da película galega “O bosque animado”.

Xornadas Arraianas de Cine Rural

O concello de Entrimo acolle as V Xornadas Arraianas de Cine Rural.

O Vigo de Xela Arias, a escena

María Llanderas mostra mañá no Salón Teatro “A idea primeira é esnaquizalo a cabezadas”, un proxecto escénico inspirado pola poesía de Xela Arias.

Comeza o Noia Harp Fest

O Noia Harp Fest, o único certame arpístico do noroeste ibérico, inicia hoxe, cos músicos Burani e Domené, a súa oitava edición, que transcorrerá até o 6 de agosto. Sobre o Festival, a súa historia e o seu programa, falamos hoxe con Rodrigo Romaní, director artístico do Noia Harp Fest.

Diario Cultural das 14:30

Co programa do Noia Harp Fest como tema central e coa colaboración de Carlos Portela, que nos leva ó Viñetas desde o Atlántico

Ciencia, arte e filosofía

Exposición na Galería Trinta de Compostela da obra de Elena Asins. Unha colección “entre a ciencia, a arte e a filosofía”.

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Expo de Elena Asins na Galería Trinta. Roberto Pascual trae ‘O Tsunami’.

Publícase o primeiro dicionario galego-ruso

Durante dous anos foi profesor e auxiliar de conversa na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Hoxe, Aleksandr Zyuba é o autor do primeiro dicionario galego-ruso. Ademais, a publicación está accesible de balde desde o Portal da Lingua Galega. 

Cadáver exquisito para degustar en agosto

A Orquesta Clásica de Vigo e a banda de electrónica viguesa Cinta Adhesiva prepararon un “cadáver exquisito para degustar en agosto”. ‘Retrato Musical’ é unha mestura de estilos musicais dirixida por Manuel Martínez e coa voz de Silvia Penas.

Pin It on Pinterest