Radio Galega

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Retrato musical’, un cadáver exquisito da Clásica de Vigo e Cinta Adhesiva. ‘Abril’, de Luz Darriba, para ler no verán.

Tui acolle a XV edición do festival Música no Claustro

A XV edición de Música no Claustro chega á catedral de Tui cun programa de sete concertos a transcorrer entre os días 1 e 7 de agosto. Cun aforo de 120 persoas e de acceso gratuíto ás 21.30 horas, de cada vez poderanse obter 90 entradas mediante reserva previa e 30 por orde de chegada ao concerto.

Aproveitamos para falar con Samuel Diz, director artístico do festival.

Diario Cultural das 14:30

Cos 50 anos da Feira do Libro d’A Coruña, coa XV edición de Músicas no claustro e co noso percorrido artístico semanal con Rosario Sarmiento

O punto de partida de Quilma

Vituco Neira conversa co grupo Quilma na Illa de Arousa arredor do seu novo disco, ‘Punto de Partida’. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Punto de partida’, novo disco de Quilma. Alba Cid comenta ‘Permanencia’ de Castillo Suárez.

O rock galego dáse cita hoxe no Milladoiro da man da décima edición do Millarock

Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Organizado pola concellaría de Cultura do Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. No Diario Cultural aproveitamos para falar cos integrantes de Bala.

O mellor do deseño galego e internacional danse cita na Coruña

O Galicia Design Weekend é o primeiro festival destas características da nosa comunidade, que achegará á cidade da Coruña o mellor do deseño galego e internacional. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Galicia Design Weekend, días de deseño na Coruña. Alfonso Espiño percorreu os escenarios das festas do Apóstolo.

A formación Cantigas e Agarimos cumpre 100 anos

Tres integrantes de Cantigas e Agarimos axúdannos a realzar a adecuada homenaxe a unha formación mítica da cultura galega. Amparo Pérez, integrante de dúas seccións, Instrumental e Pandeireta e vicepresidenta; Antón Fernández, integrante da sección de Coro e expresidente, e Manuel Rey, integrante da sección Instrumental e presidente, comparten connosco as súas lembranzas e experiencias no seu de Cantigas e Agarimos.

O 29 de xullo, co gallo das Festas do Apóstolo, ten lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a presentación oficial da agrupación.

Diario Cultural das 14:30

Coas dúas nominacións de Nova Galega de Danza nos premios MAX das Artes Escémicas e co centenario da formación Cantigas e Agarimos.

Pin It on Pinterest