Radio Galega

Novos misterios en Santo Estevo de Ribas de Sil con María Oruña

A igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil descobre novos tesouros. As obras de restauración dos relicarios sacaron a luz pinturas murais do medievo. Quen sabe e estudou moito sobre este lugar é a escritora María Oruña, que no seu libro ‘O souto dos catro ventos’ narrou a historia dos 9 aneis dos bispos.

Vencellada tamén a este novo achado, falamos con ela sobre o mosteiro e sobre o seu novo libro, ‘O que a marea esconde’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘O que a marea esconde’ é o novo de María Oruña. Cine con Moncho Lemos.

Agolada volve acoller a celebración do Merza Percusión despois do parón do 2020

Agolada volverá ser o núcleo da percusión co regreso do Merza Percusión. Esta nova edición celebrarase do 25 ao 29 de xullo. Este evento, que dirixe a compañía Odaiko Percusión, volve a Agolada cun centenar de alumnos, máis de vinte docentes e seis concertos que se complementarán co festival que se celebra en Merza do 23 ao 25 deste mes. 

Diario Cultural das 14:30

Con Vituco dende Agolada para o festival Merza Percusión, cas recomendacións de videoxogos de Luz Castro e, finalmente, coa música dos Verto.

Fixe Trío, entre o bo peixe e a firmeza

Nace un novo proxecto musical que leva por nome Fixe Trío, como esa expresión mariñeira portuguesa que nos indica que o peixe é bo, e que tamén significa firmeza. O Trio presenta ademais o seu primeiro EP, ‘Sempre Fixe’. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O Trío Fixe presenta o seu primeiro traballo, ‘Sempre Fixe’. Rut Balvís lévanos ata o festival Danza no Claustro.

O CGAC expón “Lonxe, América”, de David Lamelas

David Lamelas (Buenos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta.

Desde os seus inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para adaptarse a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais.

Agora, o CCGAC expón a primeira retrospectiva en España do artista arxentino de ascendencia galega, David Lamelas: “Lonxe, América”.

Como vivía a clase alta luguesa nos séculos XIV e XV?

15 esqueletos soterrados baixo a capela do Pilar da catedral de Lugo permítennos coñecer como vivía a clase alta luguesa na Baixa Idade Media. 

Olalla Costas, responsable do grupo EcoPast da USC, é unha das asinantes deste estudo, que se encargou de reconstruír as historias biolóxicas destas persoas soterradas na catedral. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Restos óseos baixo a catedral de Lugo. Ler a Margaret Atwood este verán.

Pin It on Pinterest