Radio Galega

A novela clásica xaponesa “O ganso salvaxe”, traducida ó galego

A editora Irmás Cartoné publica a tradución d´”O ganso salvaxe”, unha obra da literatura xaponesa escrita por Mori ?gai (1862-1922) traducida agora ó galego, por vez primeira e grazas ó traballo de Gabriel Álvarez.

Diario Cultural das 14:30

A editora Irmás Cartoné publica a tradución d´”O ganso salvaxe”, unha obra da literatura xaponesa escrita por Mori Ōgai e traducida por Gabriel Álvarez. Ademais, falamos con Manuel Xestoso, crítico teatral que vén de recibir o Premio de Jornalismo Internacional Carlos Porto, no Festival de Almada, en Portugal. Pola súa banda, a nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento, fálanos do teatro na rúa.

‘Esta noite hei de ir a verte’

‘Esta noite hei de ir a verte’ é o novo libro de Beatriz García Turnes publicado na colección Costa Oeste de literatura xuvenil da Editorial Galaxia. 

Sabela, unha mestra que acaba de sacar as oposicións, chega á parroquia de Brandeira. Alí agárdana a súa primeira escola e moitas outras cousas que non esperaba atopar: unha casa abandonada, luces misteriosas, unha alumna inquietante, uns amores truncados e as feridas do pasado que continúan abertas. Sabela descobre que non todo é o que parece, que a vida sempre te sorprende alí onde menos o agardas e que os finais dunhas historias dan paso ao comezo doutras.”

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Esta noite hei de ir a verte’, novo libro de Beatriz García Turnes. 25 aniversario da Real Filharmonía de Galicia.

Comeza o ciclo “Resoando no Camiño Francés”

O músico sarriao Abraham Cupeiro, que recupera instrumentos perdidos no tempo para crear novas sonoridades, inicia unha serie de concertos en municipios do Camiño Francés.

O ciclo comeza este 24 de xullo en Monterroso e rematará o 3 de agosto en Palas de Rei, despois de pasar por Arzúa e Sarria (o 25/7) e Melide e Triacastela (o 1/8).

“Bailar agora”, de Marta Alonso Tejada, nominada nos premios María Casares

Marta Alonso Tejada, directora e intérprete de ‘Bailar Agora’, visita o Diario Cultural para conversar, previamente á súa actuación de hoxe na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, sobre a propia peza de danza e teatro e as nada menos que 5 nominacións que a función obtén de cara ós premios María Casares.

O clarinete galego ten o seu propio festival

Hoxe celébrase en Lalín a última xornada do Xacobeo Clarinet Fest, o evento máis importante de Europa neste 2021 dedicado a este instrumento. 

No ‘Diario Cultural’ falamos con Xocas Meijide, director artístico do efstival. 

Pin It on Pinterest