Radio Galega

Diario Cultural das 14:30

Celebramos o medio século do Instituto da Lingua Galega, que coincide coa publicación do sétimo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), pertencente á colección “Biblioteca Filolóxica Galega” do ILG. Ademais, conectamos con Vituco, en Rianxo, para vivir en primeira persoa o VI Festival Titiriberia.

Moita fantasía e moito cine en Monforte de Lemos

O cine fantástico invade a vila de Monforte de Lemos co seu VII Festival Fancine. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Cine fantástico en Monforte de Lemos co FANCINE. Teatro en Ribadavia coa MIT e Roberto Pascual.

Santiago de Compostela acolle unha nova exposición, unha mirada en feminino á arte contemporánea

Falamos con Diego Cascón, un dos comisarios de «Mirar de novo. A muller contra o tempo», sobre a exposición que se presenta agora no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela.

Diario Cultural das 17:30

Visitamos o Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela para observar a exposición «Mirar de novo. A muller contra o tempo», un proxecto expositivo no que se reivindica a mirada en feminino en torno á creación artística contemporánea. Ademais, Emilio Españadero tráenos o último da música rock e folk.

Xan Campos presenta o seu último proxecto, “Realismo”

Ás 22 horas, na Praza da Ferrería de Pontevedra, Xan Campos presenta o seu último proxecto, publicado xa en abril de 2020: “Realismo”, un disco de jazz, electrónica e música urbana producido polo rapeiro e produtor Hevi (Malandrómeda, Fluzo) en formato trío cos habituais Iago Fernández na batería e o contrabaixista Horacio García.

Diario Cultural das 14:30

Falamos con Xan Campos sobre o seu último proxecto, “Realismo”, publicado en abril de 2020 e, en consecuencia, cunha limitada promoción por mor da crise sanitaria. Ademais, Vituco Neira achégase á Cidade da Cutura para ver “Galicia futura. Todo o que imos ser”, a 3ª grande exposición que pecha a triloxía do Xacobeo logo de “Galicia, un relato no mundo” e “Galicia de Nós a Nós”.

O Garaxe Hermético triunfa nos Premios Curuxa 2021

Vituco Neira e Raquel Besteiro falan con Kiko da Silva sobre a Banda Deseñada e a formación en Galicia logo do triunfo de Nuria Martínez, alumna de 2º Curso Profesional de Banda Deseñada do Garaxe Hermético, nos Premios Curuxa 2021.

Diario Cultural das 17:30

O Garaxe Hermético está de noraboa logo do éxito nos Premios Curuxa 2021, onde levou o primeiro premio a súa alumna Nuria Martínez, polo que nos achegamos a falar con Kiko da Silva sobre a Banda Deseñada e a formación en Galicia. Ademais, Rosario Sarmiento tráenos a última actualidade do mundo da arte, protagonizada polos 25 anos da morte de Laxeiro.

Pin It on Pinterest