Radio Galega
A Casa Museo de Rosalía de Castro celebra dende hoxe as xornadas ‘Rosalía no Camiño’
Poetas chegados de toda a península farán recitais multilingües en Santiago e Padrón. Son os Anna Gas (Cataluña), Tere Irastortza (Euskadi), Berta Piñán (Asturies), José Rui Teixeira (Portugal) e os galegos Antón Blanco, Alba Cid, Genaro da Silva e Luz Pichel, comisariados todos pola académica Chus Pato. Ademais, acollerá presentacións de libros e actuacións musicais de Secho, Laura LaMontagne & Pico Amperio ou Berlai.
De todo isto falamos con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e con Pepe Barro, deseñador, autor da musealización da casa da Matanza e comisario da exposición 50 anos da Casa Museo de Rosalía de Castro.
Arranca hoxe o Festival das Carrilanas de Esteiro, que repite formato ‘km0’
Vituco Neira trasládanos a Esteiro para falar neste novo Festival das Carrilanas 2021, en formato ‘km0’, coa banda Lisdexia, que será a encargada, xunto con Swipe-Up Trío, de estrear os escenarios desta nova edición dun festival xa mítico e que mantén un gran nivel a pesar das circunstancias. Precisamente sobre isto fala tamén Vituco con Álvaro, membro organizador do Festival das Carrilanas, neste Diario Cultural.
Diario Cultural das 14:30
Pulsamos a situación das librarías galegas tras ano e medio de pandemia, pois nesta xornada comeza a Feira do Libro de Ponteareas e algunhas librarías únense á campaña #Libroestío, que naceu en Catalunya. Falamos, pois, con Miguel Mosquera, xerente da Libraría Punto e Coma de Ourense; Cielo Fernández, vicepresidenta da Federación de Librarías de Galicia, e María Carme Ferrer, presidenta do Gremi de Llibreters de Catalunya.
Ademais, conectamos con Vituco Neira, que está en Esteiro polo inicio do Festival das Carrilanas, para falarmos co grupo Lisdexia e con Álvaro, da organización do festival.
Entramos aos Vilares
Xa se presentou o libro de Edición Fervenza ‘Lareira de soños’, de Pastora Veres e acompañado do documental ‘Entrar aos Vilares’, realizado por Cibrán Tenreiro.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
‘Lareira dos soños’, un libro-DVD que inclúe o documental ‘Entrar aos Vilares’. Carteleira con Begoña Vázquez de Sala 5.
A compañía de danza contemporánea La Macana volve ós escenarios con dous espectáculos
Caterina Varela, co-directora e coreógrafa da compañía de danza contemporánea La Macana, está connosco para falar dos dous espectáculos cos que a Macana xirará este verán: Keep Going, xa con tres datas comprometidas para os 16, 17 e 18 de xullo, e Pink Unicorns, cuxa axenda se estende xa até finais de novembro.
Diario Cultural das 17:30
No Diario Cultural desta tarde detémonos na compañía galega de danza contemporánea La Macana, que volve aos escenarios con espectáculos coma Keep Going e Pink Unicorns, para falar coa súa co-directora Caterina Varela. Ademais, observamos ben o Álbum de Galicia, que engade agora a biografía de Berta á Cáccamo. Finalmente, teremos con nós a Mario César Vila para que nos somerxa un día máis na arqueoloxía galega.
“Visións inéditas” é o novo proxecto multimedia que se expón nestes meses en DIDAC
A DIDAC (DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas) acolle ata o 5 de setembro “Visións inéditas”, un proxecto multimedia moi innovador que conta coas aportaciñons de nada menos que Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- …
- 369
- Seguinte ›