Radio Galega

Diario Cultural das 14:30

A Iván Caride, músico e comunicador audiovisual, como a moitos outros, a pandemia colleuno cun disco recén estreado e con moita marxe de kilometraxe. Porén, Caride está tratando xa de reducir esa marxe con concertos coma o que deu no Rosal esta última fin de semana. Conversamos con el sobre as dificultades de entrar no mundo da música, sobre as súas preopias cancións e, por suposto, escoitamos algúns dos seus temas.

Os gravados de Battista Piranesi

Giovanni Battista Piranesi foi un importante artista do século XVIII destacado polos seus gravados da Roma antiga. A súa obra mudou a maneira de percibir o mundo antigo, e influenciou aos artistas do Neoclasicismo e o Romanticismo.

Ata o 28 de agosto poderá verse unha mostra do seu traballo no Pazo de Fonseca de Compostela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Mostra de gravados de Piranesi no Pazo de Fonseca. Roberto Pascual e a primeira peza teatral en galego.

Sara Plaza, premio de poesía Pérez Parallé, tráenos o seu libro de poemas “Todos os pasos fan ruído”

A autora, natural da serra de Madrid e galegofalante por causa única do seu interese adquirido pola lingua galega, é mestra de formación e conta tamén na súa obra con ilustracións e fotografías. Conversamos con ela sobre a súa traxectoria e sobre “Todos os pasos fan ruído”, o poemario que lle valeu o máximo recoñecemento na XIII edición dos premios Pérez Parallé.

Diario Cultural do día das 17:30

Falamos con Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé co seu libro de poemas “Todos os pasos fan ruído” e o noso colaborador Emilio Españadero tráenos o máis actual do mundo da música tradicional e folk.

“Fillos do sol”, a peza teatral de Cándido Pazó, chega ás librarías

A obra de teatro que escribira Cándido Pazó, unha peza sobre Eduardo Pondal e “As Eoas”, o seu gran poema épico e obsesión, polo centenario da morte do autor, transfórmase para ocupar, ademais dos escenarios, os andeis das librarías galegas.

Diario Cultural das 14:30

Falamos con Cándido Pazó, que publica en formato impreso a súa peza teatral “Fillos do sol”, unha obra sobre Eduardo Pondal. Conversamos tamén con Xosé Aldea, director do Culturgal que presenta agora a súa 14ª edición. Ademais, conectamos con Vituco Neira no Museo do Pobo Galego, onde falará con David Conde sobre a nova mostra “Entre amigos”.

Ti primeiro

‘Ti primeiro’ é unha novela visua escrita e dirixida por Roberto Alvite, protagonizada por el mesmo e Iris Darriba, e producida por Melgo Cinema. Nela explórase a evolución dunha parella nova ao longo de varios anos, coa particularidade de facelo a través de fotografías e non do vídeo. Un novedoso formato sen precedentes en Galicia que conecta co mundo do videoxogo e os newsgames, ao permitir escoller como continúa a historia. Tres episodios sobre o amor que están dispoñibles en múltiples linguas para dispositivos móbiles.  

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Ti primeiro’, unha novela visual pioneira. Armando Requeixo recomenda a lectura de ‘Alén’.

“Sycorax” de Lois Patiño e Matías Piñeiro participará na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes

“Sycorax” de Lois Patiño e Matías Piñeiro participará na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes

Pin It on Pinterest