Radio Galega

Os finalistas dos María Casares

Onte á noite soubéronse os finalistas dos María Casares:

A obra A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, acadou un total de 8 finalistas nas categorías de espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actor protagonista, actor secundario, iluminación, escenografía e vestiario.

Pola súa banda, Dreaming Juliet,de Elefante Elegante, rexistra 5 finalistas nas categorías de espectáculo, actriz secundaria, música orixinal, escenografía e vestiario.

A obra 32m2, de ButacaZero, acada tamén 5 finalistas nos apartados de dirección, actor protagonista, texto orixinal, música orixinal e escenografía.

Tamén con 5 finalistas atópase Bailar Agora, de Marta Alonso de Tejada: espectáculo, dirección, actriz protagonista, iluminación e vestiario.

Micropectivas dun marica millennial, de Incendiaria, convértese en finalista en 4 categorías: espectáculo, actor protagonista, texto orixinal e iluminación.

Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, conseguen un total de 4 finalistas para os galardóns de espectáculo infantil, adaptación-tradución, actriz secundaria e maquillaxe.

O Premio, de La Quintana Teatro, tamén rexistrou un total de 4 finalistas nos apartados de actriz protagonista por partida dubla, texto orixinal e maquillaxe.

O mozo da última fila, de Redrum Teatro, acada tres finalistas nos apartados de actriz secundaria e actor secundario, neste segundo caso por partida dupla.

Por último, cinco obras conseguen 1 finalistas: Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area (adaptación-tradución), A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico (música orixinal), O libro da selva, de Teatro Avento Producións (maquillaxe), Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón (espectáculo infantil) e Ris Ras, de Baobab (espectáculo infantil).

 

Mulleres e cultura urbana

Arranca en Santiago de Compostela o ‘Delas Fest’, un festival de arte e cultura urbana con perspectiva de xénero, que promete encher as paredes da cidade de cores e reivindicacións. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Delas Fest, mulleres e cultura urbana. V edición dos Mariluz Morales de ensaio e videoensaio do audiovisual.

Por que camiñamos?

Raúl García e Alba Prol presentan o documental ‘O gran camiño’, unha viaxe polas rutas máis impresionantes do mundo, que inclúe o Kumano Kodo xaponés, a do Machu Picchu en Perú ou o Camiño de Santiago. 

Os directores e os camiñantes que van atopando tratan de responder a esa pregunta: por que camiñamos?

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘O gran camiño’, un documental sobre as razóns que nos levan a camiñar. Montse Pena Presas fálanos dos contos de Paula Carballeira

Recuperamos a Secho

O musico Secho volve á música cun novo disco, “Recuperar”, que xa está dispoñible en plataformas dixitais e conta coa colaboración de artistas como Guadi Galego, García MC ou Sabela Galván. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Recuperar’, o novo traballo musical de Secho. As novidades da carteleira con Moncho Lemos.

A experiencia de camiñar

O Centro Galego de Arte Contemporáneo ofrece unha mostra que reflexiona sobre o feito de camiñar. Andar, pasear, a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como experiencia artística. 

Santiago Olmo e Alberto Carton son os comisarios. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Camiños’, unha exposición do CGAC. Roberto Pascual e as ‘Fábulas da montaña’.

Pin It on Pinterest