Radio Galega

O dietario derradeiro de Neira Vilas

A Fundación Neira Vilas publica ‘Caderno de Gres’, con parte do “derradeiro dietario” escrito por Xosé Neira Vilas, no que recolle os encontros con amigos e persoeiros da cultura. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

‘Caderno de Gres’, o derradeiro dietario de Neira Vilas. ‘Trobar do ar’, a recomendación literaria de Armando Requeixo.

Xoias que emocionan

Raquel Besteiro estivo co xoieiro, youtuber e exnadador paralímpico Pablo Cimadevila para falar de paixóns, emocións e xoias. 

E coa súa gata Dana. 

‘Música das formas’, mostra de Glenda León no MARCO

A artista cubana Glenda León propón exercitar a visión e a escoita plenas nesta exposición que pode visitarse no MARCO de Vigo ata o mes de outubro. A mostra forma parte dun proxecto máis amplo de diálogo coa arte latinoamericana impulsado polo museo estremeño MEIAC e comisariado por José Jiménez. 

[09:30:00] Diario Cultural do día 20/06/2021

Podcast do Diario Cultural do domingo

‘En Camino’, un cómic sobre o Camiño de Santiago

O debuxante José Ángel Ares e o guionista Paco Hernández asinan esta novela gráfica publicada por La Cúpula. A protagonista é Emma, unha debuxante de Lleida que decide facer camiñar cara a Santiago desde Roncesvalles despois de romper coa súa parella. 

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Hoxe falamos de malabares con puros e circo. Ademais, Tito Lesende felicita ás bandas galegas que conseguiron galardóns nos premios MIN.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Conmemoramos os 25 anos da Rela Filharmonía de Galicia. Carlos Portela falaranos da mellor banda deseñada.

Pin It on Pinterest